ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A AGRICULTURA (cat)


Enviado por   •  18 de Mayo de 2020  •  Apuntes  •  314 Palabras (2 Páginas)  •  106 Visitas

Página 1 de 2

Le o texto con moita atención.

Primeiro fai unha lectura rápida; despois, volve lelo amodiño, fixándote ben en todos os detalles, para poder responder as preguntas sen miralo.

A AGRICULTURA

A agricultura é a actividade agraria dedicada ao cultivo de vexetais. Pro- porciona produtos alimenticios, forraxeiros ou industriais, segundo se destinen ao consumo (humano ou animal) ou á transformación industrial.

Os sistemas de cultivo son as técnicas utilizadas polos agricultores para obter os produtos agrícolas, e varían de acordo cos seguintes aspectos:

  • A variedade de cultivos. Fálase de «monocultivo» cando as parcelas se dedican a un só tipo de cultivo, e de «policultivo» cando se dedican a varios.
  • A auga que reciben as plantas. Permite diferenciar entre cultivos de secaño, se reciben exclusivamente a auga de chuvia, ou de regadío, se o agricultor lles proporciona auga adicional, procedente de ríos, pozos ou fontes.
  • O modo de ocupación do solo. Pode consistir no cultivo continuo da terra, sen deixala descansar; ou na rotación ou sucesión regular dos cultivos nas parcelas. A rotación pode ser con barbeito ou continua, é dicir, alternando cultivos que desgastan máis ou menos o solo, sen usar o barbeito.
  • O aproveitamento da terra. A agricultura, neste caso, pode ser «inten- siva», cando se aproveita ao máximo, ou «extensiva», en caso contrario.
  • A agricultura intensiva tradicional obtén altos rendementos, pero em- prega moita man de obra e traballo humano, debido ao seu atraso tecnolóxico; en cambio, a agricultura intensiva moderna utiliza pouca man de obra e traballo humano, grazas ao uso de tecnoloxía avanzada.
  • A agricultura extensiva tradicional non cultiva todo o solo, deixando unha parte en barbeito, para evitar o seu esgotamento; en cambio, a agricultura extensiva moderna non cultiva todo o solo porque non é necesario, pois as parcelas son grandes e empréganse técnicas mo- dernas, ante a escaseza de man de obra.

M. Burgos e M. C. Muñoz Delgado: Xeografía 3.º ESO, ed. Anaya.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2 Kb)   pdf (73 Kb)   docx (8.4 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com