ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Memoria do campamento xuvenil “AS SINAS”


Enviado por   •  8 de Octubre de 2012  •  2.344 Palabras (10 Páginas)  •  767 Visitas

Página 1 de 10

Memoria do campamento xuvenil

“AS SINAS”

“Actividades do mar”

Stefanie Temprano Díaz

DATOS DO CAMPAMENTO:

DENOMINACIÓN DO CAMPAMENTO:

“Campamento As Sinas”

LUGAR DO CAMPAMENTO:

ALBERGUE XUVENIL AS SINAS

Avda. Das Sinas, s/n 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra

FECHAS DO CAMPAMENTO:

2- 15 de Agosto do 20012

PARTICIPANTES DO CAMPAMENTO:

120 participantes.

PERFIL DOS PARTICIPANTES:

Nenas e nenos entre 12 e 15 anos de idad.

ESPECIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES:

“ACTIVIDADES DO MAR”

Neste campamento as actividades fundamentais das que gozarán os e as participantes serán: introducción nos deportes de vela, tabla y mergullerse; coñecemento práctico da natureza mariña; introducción ós talleres náuticos e ós talleres de bioloxía mariña. Ademáis de actividades varias de ocio e tempo libre.

Horario

8:30 ERGUERSE

9:00 ALMORZO

10:00 ACTIVIDADES DE MAÑÁN

14:00 XANTAR

15:00 ACTIVIDADES OPCIONAIS

16:00 ACTIVIDADES DE TARDE

20:00 DUCHAS

21:00 CEA

22:30 VELADA/OBRADOIRO

00:00 CONTO

00:30: SILENCIO

Obxectivos

Obxectivos xerais:

 Fomentar os hábitos de vida saudable

 Fomentar actitudes de solidariedade e convivencia

 Ofertar as canles informativas axeitadas para fomentar a participación de que se incorpore ás actividades, como base dun sistema de relación xusto e respectuoso

 Promover a educación e a equidades de xénero.

 Promover situacións multiculturais

 Fomentar o respecto pola identidade cultural galega

 Respectar o medio

 Situar criticamente á persoa fronte á realidade sociocultural na que se atopa, para que se cuestione sobre a calidade do seu estilo de vida e como inflúe no seu lecer e tempo libre.

 Fomentar a expresión creativa individual como forma de recuperar o valor significativo e participativo da democracia cultural.

 Promover marcos de encontro que sirvan para dinamizar as relacións interpersoais, desfrutar do ocio en sociedade e participar máis activamente na vida das comunidades.

 Animar o tempo libre como un espazo suxestivo e beneficioso para a persoa, motivando a práctica de actividades, espertando aficións e animando a experiencia do lúdico e do festivo.

Obxectivos específicos:

 Achegar aos participantes aos deportes náuticos de vela, kaiak e táboa

 Coñecer a metodoloxía e respectar as medidas de seguridade dos deportes náuticos de vela, kaiak e táboa

 Potenciar hábitos saudables de hixiene e nutrición

 Fomentar actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico e natural

 Promover o exercicio físico como forma de vida saudable mediante actividades náuticas e de aire libre

 Favorecer o compañeirismo e o respecto aos demais mediante o traballo en equipo

 Axudar ó desenvolvemento da autonomía persoal.

Metodoloxía:

O campamento As Sinas favorece o achegamento dos participantes á natureza e ao mar mediante deportes náuticos e actividades de aire libre.

O grupo, formado por 120 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 15 anos, divídese en seis grupos de 20 persoas cada un para que a actividade teña a maior calidade posible.

Os monitores repártense nas actividades segundo sexan necesarios, e ademais cumpren coas responsabilidades diarias de:

FURGONETA:

Encargaranse de conducir a furgoneta e do seu coidado e mantemento.

MATERIAL:

Revisarán o material ao principio e farán inventario ao remate do campamento, coidarán de que o material non se malgaste e de que o armario de material estea ordeado.

TAREFAS DIARIAS:

MONITOR DE DIA:

• Será o encargado de poñer a música para espertar a todos.

• Fará que se cumpla o horario base na medida do posible.

• Dará os avisos pertinentes durante ese día.

ENCARGADOS DE COMEDOR:

• Estarán pendentes do grupo mentres esperan para entrar e terán conta de que se boten un pouco de todo.

• Axudarán a acomodar ós nenos e nenas nas mesas.

• Terán conta de que es diferentes alerxias teñas a súa comida específica.

• Fixaranse en que os participantes coman un pouco de todo.

• Recollerán e repartirán a merenda.

• Controlarán que despois de comer as mesas queden recollidas.

ENCARGADOS DE DUCHAS:

• Controlarán que todos os acampad@s se duchen e o fagan correctamente vixiando no que leven roupa para cambiarse e que ao saír o fagan sen areas. Os / as participantes que van a vela e táboa dúchanse no C.A.R.

ENCARGADOS DE TEMPO LIBRE:

• Controlaran aos rapaces e rapazas nos tempos que estos teñan libres.

• Prestarán o material que os participantes pidan e poidan utilizar, e controlarán que o devolvan mediante un listado.

VIXIANTES NOCTURNOS

• Durante e ao rematar a reunión de monitores dous monitores farán “a ronda” durante media hora - unha hora para controlar que todos os participantes están durmidos.

Nos tempos libres os monitores organizan campionatos de diferentes actividades deportivas como fútbol ou baloncesto. Ademais dun obradoiro de radio/DJ e a participación no blog:

http://campamentosinas.blogspot.com

Ao rematar a velada e cos participantes xa deitados e os monitores nocturnos controlando os pavillóns, o equipo de monitores xúntase para avaliar o día e concretar as actividades e responsabilidades do día seguinte.

Programación:

Día 1º :

O equipo de monitores chegou o día anterior, así que antes da chegada dos participantes xa tiñamos a cartelería feita e todo o preciso preparado.

Fíxose unha reunión de pais, na que se explicou o funcionamento do campamento.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (16 Kb)
Leer 9 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com