ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Cementación cobre


Enviado por   •  22 de Abril de 2021  •  Prácticas o problemas  •  569 Palabras (3 Páginas)  •  66 Visitas

Página 1 de 3

INFORME PRACTICA 5

Nesta practica  realizamos a cementación de cobre mediante a  chatarra de ferro, a cementación e un proceso no cal se desprazan ións metálicos nobres por aqueles dun metal mais reactivo, este proceso faise a partir dunha disolución acuosa de Cu 2+ que reacciona coa chatarra de ferro e reducíndose de Cu2+( acuoso)🡪 CU0 ( precipitado).

O proceso comeza cando vertemos 100 ml dunha disolución que conten Cu2+ nun vaso de precipitados,  a primeira vista podemos observar que a súa natureza , podendo dicir que é un liquido de cor turquesa , sen precipitados , non fumea , e vese a través del. Posteriormente medín o ph para comprobar que se encontra entre 1 e 2 , de feito comprobei co indicador de ph que se atopaba moi próximo a 1 polo cor vermello intenso que obtiven .Este paso realizase para que a rección se faga de modo rápido e non se creen hidróxidos que ralentizarían a redución.[pic 1]

 Tamén medín a densidade usando un densímetro e obtendo como resultado 1,055 de densidade da disolución de cobre. [pic 2]

O último paso antes de comezar o proceso e limpar o ferro deixando o máis limpo posible ( primeiro con un produto , despois con auga e xabón e por ultimo pasarlle un auga destilada).

O proceso de cementación comezou cando incorporei a placa de chatarra ó ferro en eses momento o cobre comeza a adherirse a placa de ferro formando unas especie de “cemento” , que posteriormente se desprendeu deixando un precipitado de cobre no fondo do vaso.

Deixeino repousar 2 días durante os cales se levou a cabo  a cementación , despois diso filtrei  colocando un filtro no funil  Büchner e conectando a bomba de baleiro. Unha vez filtrado o precipitado peseino e introducino na estufa ,  onde estivo secando ata que se apagou a estufa e se deixou arrefriar todo o fin de semana, despois disto  peseino sabendo así o numero de gramos que se obtiveron de cobre neste procedemento.[pic 3][pic 4]

[pic 5]

Nesta imaxe vese como se realiza o proceso , empezando con una disolución acuosa de cor azul , que vai perdendo esta cor a medida que se vai creando unha capa de cobre o redor da chatarra de ferro , que posteriormente acaba precipitando deixando cobre de ferro no fondo do vaso de precipitados.

Reaccións:

Cu2+ + Fe0 🡪 Cu0+ Fe2+

Semirreaccións:

Cu2+ +2e-  🡪 Cu0

E0Cu=  0,34V

Fe0🡪 Fe2++ 2e-

E0Fe = 0,44V

E0= 0,78V

[pic 6]

Que  sexa menor a 0 implica que a reacción se realiza de forma espontánea.[pic 7]

Material e reactivos:

  • Chatarra de ferro
  • Disolución de Cu2+
  • Vidro de reloxo
  • Papel de filtro
  • Indicador de ph
  • Vaso de precipitados
  • Estufa
  • Probeta
  • Densímetro
  • Bomba de baleiro
  • Kitasato
  • Büchner

Datos experimentais:

Peso do vidro de reloxo

Peso do vidro mais o filtro

Peso  antes de ir a estufa

Peso despois da estufa

Cobre obtido

52,327 gramos

52,640  gramos

53,181 gramos

52,908 gramos

0,27 gramos

Códigos Ler:

  • Reactivos:
  • Chatarra de ferro:  12 01 01
  • Disolución acuosa de Cu2+ : 11 02 06
  • Produtos
  • Cobre: non é un residuo, é o resultado da  valoración
  • Fe2+ : 16 05 06

Diagrama de fluxo:

[pic 8]

Andrea Tacón Rodríguez

CS Química Ambiental

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (3.4 Kb)   pdf (341.8 Kb)   docx (1.1 Mb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com