ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Función de nutrición: Aparatos dixestivo e circulatorio


Enviado por   •  16 de Mayo de 2023  •  Apuntes  •  1.050 Palabras (5 Páginas)  •  23 Visitas

Página 1 de 5

          RESUMO TEMA 2.1 – Función de nutrición: Aparatos dixestivo e circulatorio.

  • O aparato dixestivo: é o encargado de transformar os alimentos en nutrientes cun tamaño axeitado para chegar ás células. Está composto polo tubo dixestivo e as glándulas anexas.

  • O tubo dixestivo: está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado e remata no intestino groso.
  1. Boca: é a cavidade de entrada do tubo dixestivo. Está formada polos dentes, a lingua e as glándulas salivares.
  2. Farinxe: é a cavidade que teñen en común o aparato respiratorio e o dixestivo. Ten unha lámina que evita que os alimentos pasen ás vías respiratorias: o epiglote.
  3. Esófago: tubo que une a farinxe co estómago.
  4. Estómago: dilatación do tubo dixestivo. Presenta dúas válvulas que impiden o retroceso do alimento: o cardias na entrada e o píloro na saída.
  5. Intestino delgado: tubo que se encontra dobrado na cavidade abdominal. Divídese en: duodeno, xexuno e íleo.
  6. Intestino groso: última porción do tubo dixestivo que rodea o intestino delgado en forma de U invertida. Divídese en: cego, colon e recto.
  • As glándulas anexas: sitúanse fora do tubo dixestivo e vértenlle zumes dixestivos que conteñen encimas dixestivos.
  1. Glándulas salivares: producen saliva e vértena á boca.

-Glándulas sublinguais: situadas baixo a lingua.

-Glándulas submaxilares: situadas na mandíbula.

-Glándulas parótides: diante das orellas.

  1. O páncreas: órgano alongado situado baixo o estómago. Verte zume pancreático ó duodeno e hormonas á sangue.

  1. O fígado: filtra a sangue e produce a bile, que antes de ser vertida ó duodeno almacénase na vesícula biliar.
  • Os procesos dixestivos:  inxestión, dixestión, absorción e formación de feces.

      Neste proceso os alimentos transfórmanse en nutrientes grazas a dous tipos de accións:

      - Accións mecánicas: consisten en reducir o tamaño do alimento.

      - Accións químicas: rompen as macromoléculas dos alimentos grazas a acción dos zumes.

  1. Inxestión: entrada do alimento na boca.

  1. Dixestión: tritúrase o alimento e mestúrase coa saliva, entón fórmase o bolo alimenticio, logo, o bolo alimenticio vai dende a boca á farinxe e da farinxe ó esófago, onde grazas os movementos peristálticos chega ó estómago. As paredes do estómago segregan zumes gástricos  que se mesturan co bolo alimenticio grazas os movementos peristálticos e forman o quimo. No intestino delgado, o quimo mestúrase coa bile, co zume pancreático e os zumes intestinais e da lugar ó quilo.
  1. Absorción: é o paso dos nutrientes obtidos na dixestión á sangue para ser transportados ás células. Prodúcese nos intestinos polo que é chamada: absorción intestinal. Neles absórbense sales minerais, auga e vitaminas.
  1. Formación de feces: os alimentos que non podemos dixerir convértense en substancias de refugallo que debemos eliminar. Fórmanse as feces, que son expulsadas a través do ano.
  • Principais enfermidades do aparato dixestivo.
  1. Carie: enfermidade infecciosa producida por bacterias que viven na boca e se alimentas dos restos de comida. Como resultado prodúcense ácidos que debilitan os esmalte do dente, orixinando pequenos buratos.
  1. Úlcera péptica : lesión na mucosa do estómago ou do duodeno que pode provocar hemorraxias e a perforación destes. O tabaco, o alcohol e o estrés favorecen a súa aparición.
  1. Gastroenterite: inflamación do estómago e do intestino delgado producida pola inxestión de alimentos en mal estado ou polo contacto cunha persoa infectada. Causa vómitos, diarrea, febre etc.
  1. Apendicite: inflamación do apéndice debido a súa obstrución. As súas consecuencias poden ser graves se non hai unha rápida atención médica.
  1. Estrinximento:  as feces están tan secas que son difíciles de evacuar. O seu causante pode ser o estrés.
  1. Hepatite: infección do fígado que pode ser orixinada por un virus, medicamentos ou alcohol.
  • Hábitos saudables para o aparato dixestivo.

     - Comer amodo e mastigar ben os alimentos.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (6.7 Kb)   pdf (80.4 Kb)   docx (11.6 Kb)  
Leer 4 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com