ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

O Capitalismo Langosta ( ou por qué arde Chiloeche)


Enviado por   •  18 de Marzo de 2021  •  Tesis  •  533 Palabras (3 Páginas)  •  105 Visitas

Página 1 de 3

O Capitalismo Langosta ( ou por qué arde Chiloeche)

Tamén lle chaman capitalismo financieiro por diferencialo de aquel capitalismo inicial que pretendía (e fixoo) apropiarse do valor do traballo da xente que facía funcionar as fábricas e os graneiros do mundo enteiro.

Pero estes son un paso mais. Chegan a un “nicho de mercado”, que é un sector de actividade na sua neolingua, e o devoran coa alegría inconsciente con que as langostas da praga bíblica devoraban os cultivos dos exipcios. Todo vale: prezos por debaixo de coste, traballadores non cualificados e mal pagados, baixa calidade, nula seguridade, dano ambiental, debedas á administración, a proveedores, á seguridade social...  Cando acaban, todo queda arrasado. As empresas que estaban antes de que eles chegaran resisten a duras penas. Os novos niveis de prezo que deixan as langostas e os estándares de servizo xa non dan para manter inversións e moito menos para investigar e avanzar.

Despois, xuntanse entre eles en caros restaurantes e rinse de todos nós mentras atopan novas leiras nas que saciar a sua insaciable necesidade de acumular.

Estas novas deixan ver a punta do iceberg das secuelas das langostas no sector dos residuos. O incendio de Chiloeches non é o primeiro. A táctica é coñecida. Cobro por tratar residuos pero non os trato. Acumulo e queimo. Se podo, ademais, cobrarei do seguro. E 20.000 Tm (20 millóns de quilos) de residuos industrais dos mais perigosos, acaban de volatilizarse e dispersar a súa perigosidade polos ceos de Guadalajara. O principio de conservación da materia de Lavoissier, aplicado ao medioambiente, podese ler como “a merda nin se crea nin se destrue, transfórmase”.  E isto é o que acaban de facer estes que se comportan como amos do mundo ante a permisividade da nosa sociedade, da nosa administración e da nosa xustiza. Transformar residuos en cartos para eles e merda para todos. Na prensa hoxe podese ler que “non hai perigo para a povoación”. É posible que afortunadamente ninguén morra por respirar o fume toxico, ese coctail químico que tapa o sol ainda hoxe sobre a Alcarria. Pero iso non quere decir que non esté ahí.

Pero todo o mundo implicado sabía o que pasaba alí. Tiveron que chegar ao concello os aires das novas forzas politicas para que empezaran a intentar poñerlle couto. Pero dende un concello pouco se pode facer se a Administración con maiusculas non fai nada. E os prazos foronse estirando e cando quixeron darse conta os de sempre xa cortaran a herba debaixo dos seus pés. Por iso necesitamos unha nova administración.

Tentarán “irse de rositas”. E pode que o consigan porque cando a xutiza é tan lenta como neste pais, xa non é xustiza. E por iso necesitamos unha nova xustiza.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (3 Kb)   pdf (30 Kb)   docx (8 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com