ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

AMÉRICA PRECOLOMBINA.


Enviado por   •  30 de Abril de 2016  •  Trabajos  •  378 Palabras (2 Páginas)  •  136 Visitas

Página 1 de 2

A AMÉRICA PRECOLOMBINA

Mayas, aztecas e incas. Escolle unha das 3 culturas precolombinas e despois busca información na internet sobre o tema. Elabora un pequeno presentación sobre a devandita civilización (podes incluír fotos e mapas).

A presentación debe ter, como mínimo, as seguintes partes:

  1. Localización (onde estaba asentada a cultura que estades a analizar, cal é a súa capital, con que países se corresponde actualmente... unha boa idea é engadir un mapa ao voso traballo)
  2. Organización social (quen era o xefe, como era o goberno, eran cidades-estado ou formaban un imperio? Había clases sociais ou eran todos os cidadáns iguais? Había escravos?...)
  3. Economía (que produtos cultivaban?Que tipo de artesanía facían? Que se vendía nos mercados? Cal era a moeda?...)
  4. Relixión e arte: (cales eran os deuses principais? Como eran os templos? E as cerimonias?...)Unha boa idea é incluír algunha foto dun templo, unha escultura... E non esquezades falar dos sacrificios humanos!

GUÍA  DA PRESENTACIÓN DO TRABALLO

Déixovos as normas para realizar o traballo, seguide estes consellos e seguro que faredes un BO TRABALLO.

Primeiro realizades a PORTADA co Título, na parte de abaixo poñedes os vosos datos.


TÍTULO

Nomes:

Curso:


Materia:

Data:

Na seguinte páxina poñedes o
índice.

Despois a introdución. Normalmente, a introdución non se comeza na parte superior da páxina, senón máis ben á metade de mesma. Aquí  coméntanse os aspectos xerais que se van abordar.

Na seguinte páxina empezades o voso traballo.

Despois van as conclusións. É conveniente rematar un traballo cunhas conclusións que sirvan de colofón a este. Caben nelas as túas impresións, ou destacar a importancia que ten o tema, o que aprendices ou a súa transcendencia, etc.

O último apartado que debe conter será a Bibliografía ou webgrafía....(cada quen, dependendo das fontes que empregue). Deberán de estar referenciadas do seguinte xeito:

- Bibliografía:

BUZO I., LÁZARO M....: Xeografía e Historia. Madrid: Xerme SM, 2016, pp. 284-291 aquí está como exemplo o libro de texto da clase (fixádevos que inclúe as páxinas que deberedes traballar).

- Webgrafía:

Autor da páxina ou do texto consultado (se o hai). NOME DA PÁXINA WEB. Enlace. [data de consulta da páxina web].


NON ESQUEZAS:

Numerar as páxinas.
Xustificar as marxes.
Destacar os apartados.
Coida o FORMATO: usa sempre o mesmo tipo de letra, o mesmo tamaño para o texto, o mesmo tamaño para os apartados.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2.6 Kb)   pdf (78.1 Kb)   docx (391.2 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com