ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Ensayo de relato de vida


Enviado por   •  27 de Noviembre de 2017  •  Apuntes  •  416 Palabras (2 Páginas)  •  98 Visitas

Página 1 de 2

1. Elaborar unha síntese das características e diferenzas entre a historia de vida, o relato de vida, a testemuña e a historia oral.

Por unha parte, a historia de vida, dedícase a investigar sobre un individuo, o cal ten o seu propio relato, que é complementado polo investigador con outros documentos.  

Garda bastante coa testemuña, que se basea nun traxecto da vida dunha persoa, tomándose ao individuo como partícipe dun feito nun momento significativo.

Por outra parte, os relatos de vida, son unha reflexión do social partindo dun relato persoal. Debido a isto, susténtanse na subxectividade e na experiencia do individuo, o cal non ten por que ser unha persoa especial, xa que só basta con que sexa parte da sociedade á cal se vai a estudar.

Finalmente, a historia oral podémola definir como o análise de fontes orais para analizar os feitos históricos con documentos, especialmente de sectores non hexemónicos.

2. Como argumenta Ferrarotti a superación da duplicidade de estrutura e individuo na entrevista biográfica?

Para Ferraroti, a historia de vida non é un método ou unha técnica máis, senón unha perspectiva de análise única. O relato de vida debe ser como o froito das moitas relacións nas que os grupos de humanos entran, saen e se vinculan por diversas necesidades.
Segundo o autor, o realmente valioso é o relato feito historia, é dicir, que a persoa crea a valore a súa propia historicidade. Coa posibilidade do relato de vida, a persoa faise dona do que vive nunha relación de igualdade co investigador.

Para superar a duplicidade de estrutura e individuo, Ferrarotti insiste en conectar a biografía individual coas estruturas globais da situación histórica vivida.

3. Como se ten abordado a confiabildade das historias de vida?

A confiabilidade das historias de vida ha de ser resolta por vías específicas en cáda método cualitativo. En xeral, a confiabilidade resólvese contrastando datos. Si se buscan datos, hai que multiplicalas historias de vida e, xa que a mostra estadística non é a adecuada por múltiples motivos, recórrese a diferentes procedimentos que moitas veces non son concluíntes.
Outros resolven a confiabilidade mediante a chamada "triangulación", outro método de contrastación. O número de historias será, entón, preciso para triangular.

Pero, quen atopou o medio máis inxenioso para resolver o problema do número de historias de vida necesarias foi Daniel Bertaux, mediante o concepto e instrumento, ó cal chama "saturación". Segundo isto, un tema é considerado completo en canto aos datos que os constitúen cando un novo relato de vida non engade nada diferente ao que aportaron os relatos precedentes.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2.7 Kb)   pdf (49.8 Kb)   docx (10.6 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com