ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

María Josefa Wonenburger


Enviado por   •  16 de Diciembre de 2012  •  257 Palabras (2 Páginas)  •  283 Visitas

Página 1 de 2

María Josefa Wonenburger Planells é unha matemática galega e investigadora en Estados Unidos e Canadá.

Realizou os seus primeiros estudos en A Coruña, no Instituto Eusebio da Guarda. Gustáballe o hockey sobre patíns,

o baloncesto e a música de Bach, ademais de estudar inglés e alemá.

A pesar da vontade da familia de estudar enxeñería para manter o negocio familiar , obtivo unha licenciatura en Matemática, na Universidade Central de Madrid, en 1950. Formou parte dos beneficiarios das primeiras becas Fullbright (en 1953), o que lle permitiu acceder á Universidade de Yale, EE. UU. En 1957, realizou a defensa da súa tese de doutorado sobre a teoría de grupos. De volta en España, traballou como investigadora no CSIC durante tres anos. En 1960 regresa ao estranxeiro, ao recibir unha beca postdoutoral da Universidade de Queen, de Ontario, Canadá. En 1966, trasladouse a Estados Unidos, ingresando á Universidade de Búfalo, e ao ano seguinte, conseguiu unha praza definitiva como profesora na Universidade de Indiana, onde permaneceu ata 1983. Por enfermidade da súa nai regresou a Coruña en 1983, onde permaneceu en contacto co mundo académico, colaborando con diversas institucións, como por exemplo, a "Asociación Gallega del Profesorado de Educación Matemática" (AGAPEMA).

É membro de honor da Real Sociedad de Matemática de España e en 2007 a Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia creou o "Premio María Wonenburger" para recoñecer aquelas mulleres galegas con traxectorias notables no ámbito da ciencia e tecnoloxía.

En 2010 foi nomeada doutora honoris causa pola Universidade de A Coruña.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (1.6 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com