ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Arquitectura cisterciense

Alba Vidal MartínezApuntes23 de Septiembre de 2025

428 Palabras (2 Páginas)11 Visitas

Página 1 de 2

A ARQUITECTURA CISTERCIENSE

       A fundación da Orde do Císter suporá desde os inicios a difusión dunha arquitectura uniforme por todo occidente. Tanto a igrexa abacial como o resto das dependencias monacais responderán a uns criterios establecidos por Bernardo de Claraval na carta fundacional  da orde, 1119. Establécense  unha serie de normas para os novos templos, en clara oposición á ostentación da orde de Cluny:

  • Prohibición de elevar  torres no templo
  • As portas deberán pintarse simplemente de branco
  • Critícase a exuberante decoración vexetal que, ademais de ridícula (en palabras do propio san Bernardo), só serven para distraer a piedade e afastarse da pobreza evanxélica.
  • Debe abandonarse a riqueza decorativa e limitarse o arquitecto unicamente ás formas puramente construtivas. Esta concepción de carácter moral exercerá unha influencia decisiva sobre as igrexas da orde orixinando un gran cambio e unha revolución construtiva.

       Consecuencia dos postulados de san Bernardo será a sobriedade dos edificios nos que se repetirán unha serie de elementos definidores da arquitectura do Císter:

  • Utilización da bóveda de cruzaría
  • Uso do arco apuntado
  • Emprego de columnas de fuste e capitel liso
  • As portadas son moi sobrias, decóranse repetindo as columnas e arquivoltas, un bo exemplo en Galicia é a portada da igrexa do mosteiro de Armenteira, a única conservada da época.
  • O modelo dos mosteiros do Císter admite poucas variantes, sobre todo na cabeceira do templo. O modelo é o mosteiro de Claraval fundado polo propio san Bernardo, cunha ábsida semicircular con deambulatorio e capelas radiais. A cabeceira da igrexa do mosteiro de Císter é cadrada pero o modelo responde aos criterios xerais da orde.

       En Galicia a orde do Císter difundirase con bastante rapidez, así entre os séculos XII e XIII ligaranse aos monxes brancos dezaseis grandes abadías, entre as que podemos destacar, Sobrado, Montederrramo, Armenteira, Meira, Oia e Oseira.  Esta última representa o modelo clásico do Císter: planta de cruz latina con tres naves no brazo maior e cruceiro lixeiramente marcado; cabeceira con xirola e cinco capelas radiais; a xirola cúbrese cunha bóveda de semicanón sobre arcos de faixa semellantes aos dda tribuna da catedral de Santiago.

1.- Planta actual do complexo monacal de Oseira

[pic 1]

2.- Nave central e laterais do brazo maior, cabeceira e deambulatorio

[pic 2]

3.- Cabeceira igrexa abacial

[pic 3]

4.- Nave central e lateral sur

[pic 4]

5.- Detalle da cabeceira da igrexa abacial

[pic 5]

BIBLIOGRAFÍA

ANGULO IÑÍGUEZ, Diego: Historia del Arte, I

LEROUX-DHUYS, Jean François: Las abadías cistercienses. Historia y arquitectura.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (3 Kb) pdf (291 Kb) docx (386 Kb)
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com