ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Literatura Medieval Galega


Enviado por   •  10 de Marzo de 2014  •  740 Palabras (3 Páginas)  •  193 Visitas

Página 1 de 3

A LITERATURA GALEGA MEDIEVAL: QUE SABEMOS?

1- A QUE DEBEMOS CHAMAR LÍRICA GALEGO - PORTUGUESA

MEDIEVAL?

Chamamos lírica galego - portuguesa medieval a un conxunto de textos escritos entre os séculos XII e XV. Este corpus da lírica galego – portuguesa medieval está composto de arredor de 1680 textos de temática profana, divididos en cantigas de amor, de amigo e de burlas, conservados en diversos cancioneiros, e uns 450 textos de temática relixiosa recollidos no códice de ‘’Cantigas de Santa María’’ de Afonso X. Ademais tamén se poderían engadir textos pertencentes a xéneros menores, como son a pastorela, o pranto e a tenzón, entre outros.

2- IMAXINA QUE ALGUÉN QUERE SABER DA EXISTENCIA DESA LÍRICA. COMO FARÍAS PARA DEMOSTRAR, CLARAMENTE E CON INFORMACIÓN OBXECTIVA, ESA EXISTENCIA?

Ensinaríalle imaxes dos cancioneiros conservados, leríalle algunha cantiga, lle explicaría a súa temática e relacionaría o que pon esa cantiga coa sociedade desa época, amosaríalle o gran parecido da lingua das cantigas coa lingua galega actual, e lle explicaría cal é a procedencia deses escritos, de forma que esa persoa quedase totalmente convencida da existencia desa lírica.

3- QUE CRONOLOXÍAS MANEXARÍAS PARA SITUAR A

LITERATURA GALEGA MEDIEVAL?

Dende finais do século XII, cando a lírica trobadoresca penetra no ámbito lingüístico galego – portugués a través de diferentes vías, ata mediados do século XV, coa escola galego – portuguesa, cando, debido a mudanza de gustos, a poesía trobadoresca remata por desaparecer.

4- EN QUE ESPAZOS SOCIAIS E XEOGRÁFICOS SE

CULTIVOU? LÉMBRATE DA IMPORTANCIA DO REINO DE

GALIZA…

Os textos pertencentes á lírica galego – portuguesa medieval se cultivaron nas cortes reais e señoriais de toda a Península, nun momento no que o Reino de Galiza estaba nun lugar de grande poder e importancia, o que favoreceu a difusión dos textos.

5- MÁIS IMAXINACIÓN, DE ACORDO? COMO SERÍA O

“ESPECTÁCULO TROBADORESCO”, ISTO É, QUEN

COMPOÑÍA E INTERPRETABA ESAS CANCIÓNS?

As cantigas estaban compostas a maioría das veces polo trobador, que era poeta e compositor ó mesmo tempo, xa que compoñía o poema e a música da que ía acompañado, outras veces os xograres podían, ademais de interpretar a cantiga, ser os compositores desa cantiga.

6- ESAS CANCIÓNS OU CANTIGAS ERAN DIFERENTES

UNHAS

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (4.8 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com