Comentario película "No soy un hombre fácil"
Xcoss GaR8Trabajo5 de Noviembre de 2019
511 Palabras (3 Páginas)400 Visitas
Comentario da película:
“No soy un hombre fácil”
[pic 1]
- Ficha técnica
Título | No soy un hombre fácil |
Duración | 98 minutos |
Ano | 2018 |
Productora | Autopilot Entertainment / Film Invaders / LOVEMYTV / MademoiselleFilms |
Dirección | Eleonore Pourriat |
Guión | Ariane Fert, Eleonore Pourriat |
Música | Fred Avril |
Fotografía | Penélope Pourriat |
Reparto | Vincent Elbaz, Marie-Sophie Ferdane, Pierre Bénézit, Blanche Gardin, Moon Dailly, Céline Menville, Camille Landru-Girardet |
- Resumo
Esta película francesa que intenta ridiculizar os reles de xénero, conta a historia de Damien. Este é o protagonista principal do filme, que se caracteriza polas súas actitudes machistas, berrando ás mulleres pola rúa.
Despois de un forte golpe na cabeza, o mundo cambia pasando a ser os homes os que sofren a opresión e as mulleres pasan a ser o xénero dominante, todo o contrario ó que pasa na nosa realidade.
- Comentario
Son moitos os aspectos os que se poden ver reflectidas nesta película de Eleonore Pourriat, dende as burlas que reciben os “masculinistas” por manifestarse ata a depilación, onde podemos ver que os homes, por imposición das mulleres, deben ir perfectamente depilados.
Para comezar, é importante comentar as actitudes que vemos no protagonista ao comezo do filme, por exemplo cando vai andando pola rúa e comeza a lanzar comentarios cara as mulleres que pasan ao seu arredor. Este non é un acto que se afaste da realidade. Estas actitudes veñen marcadas dende fai moito tempo pola superioridade que os homes exercen sobre as mulleres dende o sistema patriarcal tradicional, dando a súa opinión publicamente sen saber se a eles lles apetece ou non oír ese tipo de comentarios.
Tamén podemos destacar, despois de que Damien se da o golpe na cabeza, o cambio que hai nos postos de liderazgo no traballo. Podemos ver que ningún home forma parte deses postos máis altos, facendo unha crítica á nosa realidade, onde as mulleres se atopan co teito de cristal, barreiras que dificultan o progreso na súa carreira profesional e o ascenso a postos de máis responsabilidade.
Poderíamos seguir comentando escenas, como a imposición de que homes deben ir perfectamente depilados, o encontro sexual onde a muller é a única que chega a ter un orgasmo, a fortaleza e vitalidade representadas polas mulleres e a sensibilidade que representan os homes.
Finalmente, quédome con unha escena na que un grupo de mulleres están nun bar xogando ao poker. Unha delas aposta todas as fichas que ten na súa man e outra tamén. A primeira mostra as súas cartas e ten unha parella de reises. A outra amosa as súas e ten unha parella de raíñas, polo cal ela gaña todo o apostado. Ao principio foi unha escena un pouco chocante para min, xa que me deixou confuso. Non me estaba dando de conta de que ata os detalles máis pequenos na sosa vida diaria, tamén poden estar influenciados polo sistema tradicional patriarcal, como poden ser os xogos de mesa.
...