ESTRUCTURA ECONÓMICA DE ESPAÑA E DE GALICIA.
652270249Trabajo4 de Octubre de 2016
636 Palabras (3 Páginas)209 Visitas
ESTRUCTURA ECONÓMICA DE ESPAÑA E DE GALICIA (INTERACTIVA 4)
-AGRICULTURA INTENSIVA: sistema de produción agrícola que emprega de maneira intensiva os medios de producción( man de obra , capital ou insumos).A súa productividade e moi elevada e grazas a mesma poden cubrirse as necesidades alimenticias ademáis de dar postos de traballo.
-AGRICULTURA EXTENSIVA: a diferencia da anterior a agricultura extensiva non trata de maximizar a produtividade a corto plazo do solo. Caracterizase por empregar pouca forza de traballo, capital e fertilizantes en relación a área de terra cultivada.
- AGRICULTURA EN EXPANSIÓN: cremento da agricultura que pode ser ben un crecemento absoluto (medra a agricultura xunto con outros sectores) ou ben un cremento relativo( a agricultura medra máis que outros sectores)
-PRECIOS CORRENTES: cando medimos unha magnitude a prezos correntes estamos empregando prezos do mesmo período, e decir considera os prezos dos bens e servizos atentendo ó valor nominal dos mesmos é decir , no momento no que son considerados.Consecuentemente mide tanto as variacións nos prezos como nas cantidades , un bo exemplo é o PIB nominal ( bens e servizos multiplicados polos prezos correntes)
-PREZOS CONSTANTES: en oposición á definición anterior, as magnitudes que se miden en prezos correntes están valoradas ó prezo dun periodo que non lle corresponde.Por exemplo o PIB real calcúlase como a suma dos bens e servizos multiplicados polo prezo constante , o dun ano ,que se coñece como ano base.Deste xeito o PIB non se verá afectado polas fluctuacións dos prezos .
QUE OCORRE SE OS PREZOS CORRENTES SUBEN MÁIS QUE OS CONSTANTES? Se os prezos correntes suben máis que os constantes existe un risco de inflación , é decir unha continua suba do nivel xeral de prezos na economía. Esto podémolo explicar a través da definición do deflactor:
𝐷𝑒𝑓𝑙𝑎𝑐𝑡𝑜𝑟 = 𝑃𝐼𝐵 𝑛𝑜𝑚𝑖𝑛𝑎𝑙 / 𝑃𝐼𝐵 𝑟𝑒𝑎𝑙
-PRODUCTIVIDADE DO TRABALLO: mide o rendemento e eficiencia do actividade laboral por parte dos traballadores.Podemos decir que é a relación entre a cantidade de bens e servicios producidos e a cantidade de traballo invertido na súa realización.A productividade do traballo solo pode se entendida e analizada mediante a comparación desta con respecto a planificada ou á de periodos anteriores.
-TAXA DE COBERTURA: mídenos a porcentaxe de importacións que se poden pagar coas exportacións realizadas durante un mesmo periodo de tempo. É decir ata que punto a venta de producto ó exterior permite conseguir divisas para comprar bens fora do país.
𝑇𝑎𝑥𝑎 𝑐𝑜𝑏𝑒𝑟𝑡𝑢𝑟𝑎 =𝑋 / 𝑀
-COEFICIENTE DE APERTURA EXTERNA: mide como a actividade económica está orientada ben o mercado interno ou ó comercio co exterior.
COEFICIENTE DE APERTURA = X-M / PIB
CA=0 producción orientada exclusivamente o mercado interno, economía autárquica.
CA=1 toda a producción dunha econoía vai orientada a exportación e todo o que consume é importado.
COMO SE MIDE A ESPECIALIZACIÓN PRODUCTIVA DUN PAÍS? Seguindo o modelo ricardiano podemos decir que a especialización produtiva dun país aséntase na vantaxe comparativa, escoller a producción do ben que teña custo de oportunidade inferior en termos doutros bens e en relación a outros países.En cambio, seguindo o modelo de Hecksher y Ohlin os países con man de obra barata tenderán a exportar bens intensivos en traballo ,mentras que os intensivos en capital tenderán a exportar bens intensivos neste factor productivo.
...