ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Chamamos metabolismo ao conxunto de todas as reaccións químicas que suceden no interior das células coa finalidade de obter enerxía para manter a súa concentración iónica e rexenerar continuamente as moléculas e estruturas que se degradan.


Enviado por   •  2 de Marzo de 2016  •  Resúmenes  •  3.513 Palabras (15 Páginas)  •  232 Visitas

Página 1 de 15

O METABOLISMO

Chamamos metabolismo ao conxunto de todas as reaccións químicas que suceden no interior das células coa finalidade de obter enerxía para manter a súa concentración iónica e rexenerar continuamente as moléculas e estruturas que se degradan.

  • O metabolismo celular comprende dous tipos de procesos:
     Catabolismo (procesos de degradación)
     Anabolismo (procesos de síntese)
  • Os procesos catabólicos e os anabólicos non ocorren nin de forma simultánea nin no mesmo lugar da célula, pero están acoplados e as transferencias enerxéticas entre uns e outros prodúcense mediante intermediarios metabólicos (coencimas transportadores de e – e ATP).
  • As reaccións do metabolismo están encadeadas en rutas metabólicas, e son catalizadas por encimas específicos.
  • As reaccións do metabolismo son procesos redox (de oxidación–redución).

CATABOLISMO

ANABOLISMO

● É a fase degradativa do metabolismo: as moléculas orgánicas complexas e reducidas (glícidos, lípidos, proteínas) degrádanse a compostos finais máis sinxelos e oxidados.

● Son procesos exergónicos (liberan enerxía, empregada na súa maioría para ADP + Pi   ATP).

● Prodúcese oxidación de moléculas orgánicas que liberan átomos ricos en enerxía e e – que se conservan en moléculas transportadoras (como o NADP+, que se reduce a NADPH).

● Son rutas converxentes: a partir dun gran número de compostos iniciais fórmanse uns poucos produtos finais.

● É a fase construtora ou de biosíntese: as moléculas sinxelas e oxidadas son utilizadas para construír outras complexas e reducidas.

● Son procesos endergónicos (precisan a enerxía procedente da hidrólise do ATP → ADP + Pi )

● Implica a redución de distintas moléculas a partir dos protóns e e – cedidos polos transportadores previamente reducidos (NADPH).

● Son rutas diverxentes: a partir duns poucos precursores fórmase unha gran variedade de produtos finais.


INTERMEDIARIOS TRANSPORTADORES

  Coencimas transportadores de electróns: Nucleótidos de nicotinamida (NAD+ e NADP+) e de flavina (FAD+ e FMN)

  Coencimas transportadores doutros grupos: CoA

  Transportadores de enerxía – ATP: Os procesos de hidrólise e síntese de ATP (ciclo de intercambio enerxético ATP-ADP) constitúen a forma máis xeneralizada e eficaz de transferencia de enerxía nos sistemas biolóxicos, aínda que existen outros (GTP, UTP e CTP).

Uso da enerxía liberada na hidrólise do ATP

Cando o ATP se hidroliza (ATP → ADP + Pi  ou  ATP → AMP + PPi) a enerxía liberada pode ser empregada para:

  • A síntese de biomoléculas a partir de precursores máis pequenos (ANABOLISMO). Cando o grupo fosfato terminal do ATP se hidroliza e se transfire a outra molécula, esta queda cargada de enerxía e atópase preparada para ensambrarse e formar macromoléculas.
  • O traballo mecánico (contracción muscular, correntes citoplásmicas, división celular...).
  • O transporte activo de substancias a través das membranas.
  • A creación de potencias de membrana, como na condución e transmisión do impulso nervioso.
  • A produción de calor e outras formas de enerxía radiante, como a bioluminiscencia.

Os principais mecanismos de síntese do ATP na célula[pic 1]


O CATABOLISMO

AS CÉLULAS E OS ACEPTORES DE ELECTRÓNS

A degradación dos combustibles orgánicos prodúcese a través de reaccións exergónicas de oxidación–reducción nas que os electróns son transferidos dunha molécula orgánica rica en enerxía a un aceptor final cun nivel enerxético inferior. En función do aceptor final de electróns utilizado, as células clasifícanse en:

 Aerobias (maioría).- Empregan o osíxeno molecular como aceptor final de electróns para oxidar as moléculas orgánicas que utilizan como nutrientes.

 Anaerobias estritas (bacterias do fondo oceánico).- Son células que viven en ausencia de O2 (resúltalles nocivo) e degradan os seus nutrientes utilizando unha molécula orgánica como aceptor final de electróns.

 Anaerobias facultativas (fermentos e a maioría das células de organismos superiores).- Empregan o osíxeno como aceptor final –proceso aerobio–, pero cando este escasea oxidan as moléculas orgánicas vía anaerobia.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (23.4 Kb)   pdf (603.8 Kb)   docx (761.4 Kb)  
Leer 14 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com