ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A IMPRENTA ESCOLAR


Enviado por   •  13 de Diciembre de 2013  •  Exámen  •  1.461 Palabras (6 Páginas)  •  410 Visitas

Página 1 de 6

-A IMPRENTA ESCOLAR

A imprenta escolar foi a aportación máis conocida e novedosa de Freinet. A súa introdución na aula permitiu cambiar os materiais tradicionais da clase por textos libres e vividos dos propios alumnos. Aínda que a imprenta xa se había empregado anteriormente nas experiencias escolares no século XXI, a orixinalidade de Freinet foi empregada para a expresión e a creatividade libre do neno. Na búsqueda de novos métodos, atopouse coa necesidade de introducir novos instrumentos de traballo que responderan aos requisitos e esixencias que tiña plantexados para mellorar a acción educativa na escola. Empezou coas experiencias de clase, paseos que creaban un clima de diálogo, de expresión escrita e oral libre. Isto levouno a buscar material adecuado para reproducir, mediante a escritura e o texto libre, a expresión do paseo, das vivencias cotiás do neno, despertando así o seu interese pola escritura e pola lectura. Nos nenos máis pequenos tiña en conta, ademáis, a súa evolución sensoriomotriz, mediante a manipulación das letras. De aí surxiu a imprenta.

[1] FREINET, C.: “Técnicas Freinet de la Escuela Moderna”, p.102

A imprenta escolar de Freinet é semellante á que empregaba Gutemberg nos seus inicios, pero máis pequena, para que poida imprimir un folio.

Unha vez corrixido colectivamente o texto que hai que imprimir, pasa ao equipo de impresión que soe estar composto por tres nenos ou nenas.

Estes realizan, traballando en equipo, a composición tipográfica e a edición.

A imprenta e as técnicas de impresión son, para Freinet, unha poderosa ferramenta de comunicación na escola. Favorece a creatividade e a imaxinación, potencian a lectura crítica, a cooperación, o traballo en equipo e a comunicación oral e escrita entre o mestre ou mestra e o alumnado. As técnicas de impresión potencian unha actividade, non soamente escolar, senón tamén social na que os nenos e as nenas reproducen a súa realidade. Fai posible a difusión dos resultados dos traballos en equipo. Da a coñecer as actividades escolares ou extraescolares, anuncios, investigacións de nenos e nenas, etc.

-O TEXTO, O DEBUXO LIBRE.

O texto e o debuxo libre son actividades que o neno realiza libremente, é dicir, escollendo o tema que el quere. Lévanse a cabo na escola ou fóra dela, sempre que o neno ou a nena, teña algunha cousa que explicar ou comunicar, e non se trate nunca dunha tarefa imposta. Freinet argumentaba que o texto e o debuxo libre, ademais de permitir que os nenos se comuniquen cos seus compañeiros e co mestre transmitíndolles o que senten, fan de ponte entre a escola e a vida. O texto libre, para as técnicas Freinet é o eixe do traballo escolar.

As composicións do alumnado implican a corrección colectiva. Escríbense na palestra, lense e cópianse despois da corrección colectiva. Isto fai que os nenos traballen exercicios de vocabulario, construción de frases, gramática, etc, sen alterar o pensamento ou idea do texto. E escóllense textos que se pasarán á imprenta e ao periódico escolar.

Freinet destacaba a importancia de que unha boa motivación rodee aos nenos para conseguir que estes escriban ou debuxen. Para obter un texto libre cheo de riqueza non basta con dar liberdade senón que é necesario que os alumnos se atopen nun medio estimulante ou motivador, como pode ser o que lles ofrece a imprenta ou a correspondencia.

O texto e o debuxo libre empréganse para o aprendizaxe da lectura e da escritura, para experimentar a natureza social da linguaxe e da experiencia democrática de ter que xulgar e seleccionar textos libres que han de ser impresos ou publicados. Isto é o que Freinet denomina como método natural.

Todos os textos, impresos ou non , pasan a formar parte dos libros da vida ou o diario escolar, creando unha biblioteca no aula sobre os textos e debuxos dos nenos.

Unha dúbida que o mestre tiña era se este método era eficaz. A raíz disto, sacou varias conclusións: a primeira era que un traballo orixinal tiña que deixarlles marca e que a pedagoxía de Decroly revelaba o alcance do globalismo. Os nenos lían perfectamente, co que lle surxiu unha nova concepción da lectura que partía da vida, das emocións dela e da correspondencia.

A partir de todas estas innovacións, os pequenos comezaron a mostrar interese.

-FICHEIROS ESCOLARES E AUTOCORRECTIVOS:

Como alternativa ao libro de texto como manual único, e que non ten en conta o contexto específico de cada neno, Freinet introduce nas clases, os ficheiros escolares cooperativos. Confecciónase un ficheiro, no que se recompila toda a documentación recollida de

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (9 Kb)  
Leer 5 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com