ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Deuses e homes


Enviado por   •  11 de Octubre de 2015  •  Prácticas o problemas  •  15.339 Palabras (62 Páginas)  •  155 Visitas

Página 1 de 62

DEUSES E HOMES

A orixe do termo relixión vincúlase ao verbo latino religare que significaba volver a establecer lazos ou relacións, no caso da relixión estes serían entre o ser humano e Deus. A relixión relaciona as persoas cun ser superior do que se recoñece dependente. A aceptación desa dependencia fai que o crente oriente a súa vida en relación con ese ser superior de forma que tódolos seus actos se ven modificados por esa crenza. O individuo relixioso recoñece esa relación real de dependencia coa divinidade e expresaa mediante palabras, xestos, e ritos especiais que configuran unha determinada relixión.

A relixión plantexa sempre unha relación persoal cunha entidade con vontade e intelixencia coa que é posible a comunicación e non con forzas cegas da natureza. Por iso, a relixión plantexa sempre un dialogo, dun tipo especial porque ao ser Deus superior ao home as palabras e xestos que se usan para a comunicación son sempre imperfectos e, polo tanto, o ser humano deberá recorrer a símbolos que estan cargados dun valor que os sobrepasa. Aínda que o ser humano pode dirixirse a deus de moitas formas distintas e en moitas circunstancias, case sempre se elixen lugares, obxectos e expresións concretas que se reservan para ese fin e se consagran a Deus e que  se fan sagrados.

Millóns de persoas no mundo cren que existe un Deus creador do mundo e da humanidade. Entre as relixións máis difundidas están, en orde de importancia (polo número de practicantes), as seguintes: Cristianismo, Islamismo, Hinduismo, Budismo, Confucianismo, Shintoismo, Taoísmo e Xudaísmo. A estas relixións hai que engadir o Zoroastrismo, os cultos africanos e as manifestacións relixiosas dos pobos aborixes. Así, pódese dicir que máis de dúas terceiras partes da humanidade creen na existencia da divinidade. Sen embargo, a relixión ten sido un dos factores máis importante nas loitas entre civilizacións, das guerras, das discriminacións e persecucións.


Para pensar.......

Antes da creación do mundo
e antes de que existira ninguhna forma,
Deus estaba só, sen rostro nin semblante.
¡Quén puidera comprender a Deus tal e como era antes!.

El Zohar o O libro do Esplendor

ACTIVIDADE EMPÍRICA

ESQUEMA DE TRABALLO

Análise

Traballo de campo

Recollida de información sobre....

Rituais            Oracións             Ofrendas           Festividades

Análise

Conclusións

Palabras para facelo, xestos para dicilo

Unha das tarefas fundamentais de calquera estudioso das relixións consiste en comprender cales son os seus compoñentes fundamentais. O antropologo dirixe o seu estudio, a maior parte das veces, cara outras culturas, lonxanas no espacio ou no tempo. Aquí faremos o exercicio contrario, dirixirnos cara a nosa cultura para atopar nela eses elementos fundamentais no exercicio da relixión. Estes elementos permiten que o ser humano se comunique ou poña en contacto coa divinidade e, en ocasións, se sinta unido a ela ou mesmo posúido por ela.

Levaremos a cabo a tarefa de recoller e clasificar eses elementos de acordo as súas funcións e a importancia que teñen dentro da tradición cristiana. Pero tamén atendendo ás súas orixes ancestrais e as conexións que poidan ter con tradicións máis primitivas que a relixión actual.

No noso contexto cultural, as formas de expresión relixiosa teñen cambiado moito, pois vivimos nunha sociedade urbán, na que o sentimento de relación coa divinidade abandonou, en grande mdida, as manifestacións rituais públicas, para converterse nun fenómeno privado.

Aínda así as tradicións seguen a estar pesentes en forma de ritos de pasaxe (bodas, bautizos...), tamén na celebración de festas e, moito máis importante, na memoria dos nosos maiores.

O traballo que se proón consiste en recoller as tradicións  de orixe relixiosa que todavía perviven na nosa sociedade.

Ver CD


Rituais

Completa o seguinte cadro:

rito

Finalidade

Etapa da vida

orixe

Para contestar consulta se o precisas as seguintes direccións:

http://www.corazones.org/sacramentos/eucaristia/ensenanza/sacrificio%20de%20alabanza.htm Decribe o rito da comunión ou eucaristia cristiano.

http://www.homestead.com/montedeoya/rituales.html. Sobre a importancia da morte e os rituais relixiosos que se derivan desa importancia. Intenta un percorrido histórico.

 Describe tódolos ritos que teñen lugar ao longo da misa cristiana

http://www.idiel.cl/paganismo/ritos/pdf/introduccionrito.pdf Descrición dos tipos de rito que se poden establecer. Fundamentalmente dos ritos de pasaxe. Con conclusións que se poden extraer para todo tipo de ritos.

Oracións

Completa o seguinte cadro:

oración

Finalidade

Usáse en

Características

Para axudarte na tarefa podes recurrir ás seguintes direccións de internet:

http://www.corazones.org/oraciones/basicas.htm Oracións fundamentais do cristianismo e o catolicismo.

http://www.encuentra.com/includes/seccion.php?IdSec=73 Trata a oración en xeral ¿en que consiste? Tipos, oracións...

http://orbita.starmedia.com/sma.trinidad/oraciones.html Máis oracións cristianas


Ofrendas

Completa o seguirte cadro:

Que se ofrece

Finalidade

Individual ou colectiva?

Cando se usa?

Para contestar consulta se o precisas as seguintes direccións:

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (100 Kb)   pdf (1.1 Mb)   docx (1.7 Mb)  
Leer 61 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com