ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Causas expansion colonial


Enviado por   •  9 de Febrero de 2023  •  Resúmenes  •  637 Palabras (3 Páginas)  •  43 Visitas

Página 1 de 3

Causas da expansión colonial

Causas económicas
Ata a década de 1870, a expansión territorial dos países europeos foi reducida.
O auxe do librecambio° permitiu que as potencias vendesen a súa produción
industrial noutros países. Pero a raiz da depresión comercial de 1873 acen-tuouse o nacionalismo económico e a maioría dos grandes países industriali-zados adoptaron políticas proteccionistas*.
Este xiro proteccionista coincidiu coa aparición de novas potencias económi-cas (Estados Unidos, Alemaña e Xapón), o que aumentou a competencia. Polo tanto, cumpría encontrar novos mercados para dar saída aos excedentes da produción industrial.
Nas colonias, as metrópoles buscaban a subministración dos recursos econó-micos de que carecían, principalmente materias primas e fontes de enerxía baratas, e un lugar en que investir os seus capitais a un xuro máis elevado ca na metrópole. Pensábase que este intercambio entre as metrópoles e as colo-nias lles permitiría ás primeiras un crecemento ininterrompido. (18 e 19)

Causas políticas
Factores políticos, estratixie d cada dares inibiro, en moitas accións da ex-
pansión colonial das últimas décadas do século XIX. Os gobernos das grandes potencias coloniais mostraron un interese permanente polo control e o domi-nio de rutas cunha importancia estratéxica esencial para o comercio, como os canais de Suez e de Panamá.
As razóns estratéxicas engadese o desexo de prestixio e de poder ou o de evi-
tar o fortalecemento de países rivais. Polo tanto, xustificouse a expansión imperialista como unha defensa dos intereses nacionais e traduciuse na exten-sión do dominio político sobre outros territorios. Para o Reino Unido, por exemplo, o interese nacional concretouse na defensa da súa posición hexemó-
nica, ameazada pola crecente industrialización doutras nacións, como Alema-
ña. De aí que, en boa medida, a carreira imperialista fose un factor máis nas rivalidades entre as grandes potencias.
Non só, pois, os factores económicos era determinantes. De feito, algunhas empresas coloniais foron ruinosas para os países imperialistas. O afán de do-minio, prestixio internacional e orgullo nacional xustificaban, a miúdo, estas
conquistas, o que enlaza coas causas ideolóxicas.

Causas ideolóxicas
Paralelamente ao auxe do nacionalismo expandiuse unha mística imperialis. la, mestura de exaltación dos valores que representaba cada nación, de vonta de de poder e de soños de grandeza. Para iso, as potencias apelaron á historia:
Italia recorreu ao recordo da grandeza da Roma antiga. Reino Unido enxalzou a misión civilizadora británica e Francia erixiuse na difusora dos grandes prin.
cipios revolucionarios.
A este patriotismo exaltado engadironse connotacións racistas, ao afirmar a superioridade da raza branca e a súa misión «civilizadora», fronte ás «ra-zas inferiores» dos países colonizados. Era unha ideoloxía derivada da acep-tación do darwinismo social°. Políticos, escritores, filósofos e «científicos» defenderon esta idea e influiron en amplas capas da poboación.
Causas relixiosas
O imperialismo tamén se xustificou a través da necesidade de levar o cristianismo a pobos que mantiñan práticas relixiosas ancestrais. As misións cató-
licas e protestantes protagonizaron un intenso labor evanxelizador e huma-
nitario (por exemplo, promoveron o rexeitamento da escravitude). Pero tamén
foron un medio de lexitimación da expansión imperialista e de aculturación.
é dicir, da imposición da cultura ocidental nos países colonizados polos eu-ropeos. (21)
Desde finais do XIX, a expansión colonial e a acción misioneira complemen-táronse e os gobernos interesáronse polas actividades dos misioneiros.
Causas científicas
Tamén se considerou que o avance da ciencia esixía a exploración de todas as rexións da Terra. As viaxes de exploración e o descubrimento de zonas inex-
ploradas do interior de África mediante o recoñecemento dos seus grandes ríos como vías de penetración prepararon o camiño para a colonización.
As sociedades xeográficas, que con frecuencia apoiaron estas expedicións,
foron un dos focos de propaganda colonial. A través dos seus informes e revistas familiarizaron á opinión pública cos asuntos das colonias. Pola súa parte,
as asociacións coloniais, ás que pertencian políticos, homes de negocios, in-
telectuais e escritores, tamén se esforzaron por dar a conecer entre a opinión pública a ideoloxía do imperialismo colonial. (22 e 23) A iso uniuse a popularidade da literatura de viaxes, como as obras de Rudyard Kipling, entre outros.
que tamén difundiron esta ideoloxía. 

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (4.6 Kb)   pdf (57.1 Kb)   docx (8.6 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com