ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Debilidades internas: Puntos débiles que supoñen unha posición desfavorable fronte á competencia. Por exemplo.


Enviado por   •  4 de Marzo de 2017  •  Apuntes  •  282 Palabras (2 Páginas)  •  205 Visitas

Página 1 de 2

ANALISE DO ENTORNO ESPECÍFICO: MATRIZ DAFO A través da matriz DAFO é posible realizar unha análise global da nosa empresa e do entorno que a rodea, que responde ás siglas: Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades. A DAFO o que pretende é, por un lado, analizar as oportunidades e ameazas que nos ofrece o entorno (análise externo) e por outro lado, analizar cales son as fortalezas e as debilidades internas da empresa fronte a ese entorno (análise interno).

 Vexamos que variables poden ser tidas en conta en cada elemento da matriz: Fortalezas (internas): Son os puntos fortes cos que conta a empresa e que supoñen unha vantaxe respecto a outras empresas. Por exemplo:

 ∙ Ofrecer un produto de calidade

 ∙ Atención exclusiva ao cliente

 ∙ Coñecemento do sector

 ∙ Producir con menos custes

 ∙ Recursos humanos cualificados

 Debilidades internas: Puntos débiles que supoñen unha posición desfavorable fronte á competencia. Por exemplo:

 ∙ Ser novo no sector, falta de experiencia

 ∙ Escasa capacidade de xestión empresarial

 ∙ Cadro de persoal non cualificado

∙ Non dispoñer da tecnoloxía máis eficiente

∙ Recursos económicos escasos

 Oportunidades (externas): Posibles nichos de negocio, son aspectos positivos do entorno. Por exemplo:

 ∙ Un mercado novo con posibilidades de crecer

 ∙ Escaseza de competencia na zona

 ∙ Demanda e clientes desatendidos

 ∙ Crecemento económico do sector

∙ Cambios nos estilos de vida e de consumo

∙ Cambios tecnolóxicos e novos produtos Ameazas (externas): factores do entorno que poden poñer en perigo a supervivencia da empresa. Por exemplo:

 ∙ Produtos da competencia máis baratos

∙ Aparición de novos competidores con custes máis baratos

 ∙ Cambios nos gustos dos consumidores

∙ Aumento continuo do prezo dos provedores

∙ Escaseza de financiamento dos bancos

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (1.9 Kb)   pdf (45.4 Kb)   docx (10.2 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com