ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

A PROSA MEDIEVAL


Enviado por   •  5 de Febrero de 2013  •  302 Palabras (2 Páginas)  •  547 Visitas

Página 1 de 2

A cronoloxía da prosa medieval experimentou un procedo de desenvolvemento no que se rematan por rexistrar maiores diferenzas entre os textos do norte e do sur do Miño. Desta forma pódese distinguir entre unha primeira prosa galego-portuguesa e máis tarde unha segunda, galega.

A prosa medieval fai referencia ás traducións de textos doutras linguas. Pódense clasificar en tres grupos sento estes a Materia de Bretaña, a Materia de Troia e os Milagres de Santiago.

A Materia de Bretaña está composta por narracións que xiran arredor do rei Arturo e os cabaleiros da Mesa Táboa Redonda. Divídese en tres partes. A primeira é o Libro de Xosé de Arimatea no que se narran as orixes do Santo Graal. O segundo é o Libro de Merlín o cal está centrado na figura deste mago e a última é A demanda do Santo Graal que narra as aventuras dos cabaleiros da Táboa Redonda.

A Materia de Troia ten a súa bagaxe na tradución de obras orixinais gregas pola man de Dictis o cretense e Dares o frixio e está composta por dous documentos. A Crónica Troiana está datada no século XIV e foi composta polo capelán dos condes de Andrade e a Historia de Troia que tamén é deste século e presenta partes en castelán e outras en galego.

Os Milagres de Santiago está datado entre os séculos XIV e XV e narra o traslado do corpo do apóstolo Santiago a Galicia e tamén comprende i ciclo carolinxio que relata as heroicidades de Carolinxio.

Por último cómpre salientar dentro desta prosa medieval os textos de carácter xurídico e didáctico dentro dos cales atópase o Código das Sete Partitas e o Tratado da Albeitaría, ó mesmo tempo que os textos de tema historiográfico coma a Crónica galega de 1404, a Crónica de Santa María de Iria e a General Estoria.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (1.7 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com