ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.


Enviado por   •  8 de Enero de 2016  •  Apuntes  •  479 Palabras (2 Páginas)  •  422 Visitas

Página 1 de 2

8.- O teatro galego entre 1936 e 1976: a Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia.

Os primeiros anos do franquismo, o teatro en galego volve desaparecer dos escenarios (aínda que se sigan escribindo obras) e non será ata finais dos 50 cando se retome timidamente a actividade teatral. Destaca a figura de Álvaro Cunqueiro que estrea en 1959 O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, despois de moitos problemas coa censura.

A 2ª metade dos 60 é a etapa do “teatro independente”, iniciativa de diversas asociacións culturais espalladas polo país (O Facho, Teatro Circo, compañía Auriense…), que promoven unha renovación estética e temática e son tamén un instrumento de concienciación política. Neste período destacan autores como Daniel Cortezón, Xohana Torres e Manuel María. O primeiro sobresae pola súa produción teatral de temática histórica. Obras que teñen como refe¬rente personalidades ou momentos da nosa historia (Prisciliano; Xelmírez ou a groria de Compostela; Os irmandiños; Pedro Madruga). Escribe unha obra dedicada á emigración que se titula A diáspora. Manuel María é autor de varios autos (Auto do taberneiro, Auto do labrego, Auto do mariñeiro, Auto da costureira); dunha obra de tema mitolóxico (Edipo) e dunha obra pertencente ao teatro popular (Barriga verde).

Xa nos 70, ten lugar a Mostra de Teatro de Ribadavia e o Certame de Teatro Abrente (a 1ª edición é de 1973), que supo¬ñen unha plataforma para a representación da produción teatral dos autores deste momento. En torno a isto, está un grupo de dramaturgos que conciben o teatro xa de xeito profesional. Falamos de Manuel Lourenzo, Euloxio Ruibal e Roberto Vidal Bolaño. Lourenzo é unha das figuras máis significativas do panorama teatral galego do século XX, desenvolve o papel de enlace entre os autores de posguerra e os máis novos. É autor, director, estudoso do teatro... A súa obra teatral é moi extensa e fai del un dos dramaturgos máis prolixos. É autor de obras como Romaría ás covas do demo (peza en que retoma a mitoloxía clásica); Viaxe ao país de ningures; Todos os fillos de Galaad; Erros e ferros de Pedro Madruga e a triloxía Veladas indecentes. Nestas obras, Lourenzo trata os máis diversos temas, o misterio, o esoterismo ou a mitoloxía clási¬ca. O dramaturgo Euloxio Ruibal dáse a coñecer no panorama teatral galego coa obra Zardigot (peza de estilo cinematográfico onde se explora a historia da incidencia da guerra civil nunha fami¬lia galega). Ademais desta peza é autor de O Cabodano; Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro. Roberto Vidal Bolaño foi promotor teatral, director e autor, ademais de actor, igual que Lourenzo. Foi gañador do Concurso de Teatro Abrente en varias ocasións con obras como Laudamuco, señor de ningures ou Ladaíñas pola morte do Meco. Tamén é o autor de pezas como Bailadela da morte ditosa, A ópera de a patacón

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2.9 Kb)   pdf (55.7 Kb)   docx (9.3 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com