ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

As Matemáticas E As Redes Sociais


Enviado por   •  19 de Febrero de 2013  •  1.755 Palabras (8 Páginas)  •  272 Visitas

Página 1 de 8

Matemáticas: do latín mathematĭca, ciencia dedutiva que estuda as propiedades dos entes abstractos coma os números, figuras xeométricas ou símbolos, e as súas relacións.

Esta é a definición da Real Academia Española, que como ben podemos observar é unha definición demasiado técnica, formal e incluso algo abstracta. E por que a califico deste modo? Simplemente porque son as explicacións coma esta, as que fan que as persoas teñan por seguro que as matemáticas son unha disciplina a parte, separada do resto de saberes ou como moito só vinculada co campo da tecnoloxía ou a física, por exemplo.

Pero nada máis lonxe da realidade, pois as matemáticas, aínda que o descoñezcamos, están presentes no noso día a día e desde a nosa máis tenra infancia, xa que desde a Educación Infantil os mestres e mestras poñen en contacto aos nenos e nenas con esta disciplina ao ensinarlles os números (grafías e valor) e ao ensinarlles a sumar e restar, para xa na Educación Primaria aprender a multiplicar e dividir. E aínda que non nos paremos a pensar demasiadso no uso que lles damos a estas operacións básicas e a repercusión que teñen na nosa vida cotiá, isto non significa que non a teñan. Cando pagamos as facturas, cando vamos a pedir un préstamo ao banco e nos falan dos interese que este acarreará, cando vamos a cear con amigos e cada quen quere pagar a súa parte, cando vamos facer a compra, na música, na arte, no cine, nos coches e avións,etc., en todas esas situacións e aínda máis, empregamos as matemáticas posibelmente dunha maneira máis inconsciente que racional. “Non hai rama da matemática, por abstracta que sexa, que non poda aplicarse algún día aos fenómenos do mundo real”, como ben dixo o matemático ruso Nikolai Lobachevski. Tanto é así que as matemáticas xurdiron no seo de antigas civilizacións como a exipcia ou a mesopatámica, para posteriormente desenvolverse con más profundidade na Grecia antigua, coa finalidade de resolver problemas cotiás relacionados co comercio, coa agricultura ou o deseño de calendarios. Esta disciplina foi o epicentro da cultura e do mundo intelectual en moitas das etapas que compoñen a nosa historia (“sen matemática non se penetra ata o fondo da filosofía, sen filodofía non se chaga ata o fondo das matemáticas, sen as dúas non se ve o fondo de nada” Bordas-desmoulin) e o súa evolución deu como resultado a adquisición de sabres que non sempre se aproveitaron de maneira moral e positiva.

Esta ciencia que no colexio aprendemos case, ao longo de toda a nosa vida académica e á que moitos lle teñen medo ou “manía”, seguramente porque a metodoloxía didáctica para impartir esta asignatura non é a máis adecuada, xa que a maioría das veces, os conceptos e contidos, estúdanse de forma illada, mecánica e sen unha explicación previa da orixe, das razóns polas que esas operacións se levan a cabo, de que maneira hai que aplicalas, cando é necesrio facelo e para que; tamén está relacioada cun aspecto que hoxe na sociedade da tecnoloxía e da informática está á orede do día: as redes sociais.

Por red social enténdese a conexión permanente e complexa entre varios suxeitos ou institucións que comparten amizade, intereses, gustos, obxectivos, traballo, e que se basea en interaccións dinámicas e abertas, en constante contrución. As ferramentas comúns e necesarias a todas as redes sociais en Internet son: actualización constante dos membros da nosa páxina (tanto para aumentar como para disminuir), vista publica do noso perfil e capacidade de conexíón e creación de novos enlaces. Mentres que os utensilios informáticos que optimizan e melloran o seu uso son a comunicación, a cooperación e a comunidade.

As redes sociais son plataformas que nos permiten compartir imaxes, documentos, música ou eventos sociais cos nosos amigos e compañeiros, ademais de ser un instrumento básico de marketing e publicidade, e entre elas, algunhas das máis populares na actualidade son facebook, twitter, my space, youtube ou yahoo respuestas (a nivel mundial) e tuenti a nivel nacional.

As redes sociais sempre existiron xa fose por traballo, por negocios, por relación entre membros dun mesmo sistema social ou familiares, pero grazas ao descubrimento revelación do noso tempo,á rede por excelencia, que é Internet, o concepto de red social estase a convertir nun fenómeno con cada vez máis crecemento e poder, sen dúbida algunha, polo impacto e a influenza que Internet está a ter na área da comunicación.

Centrándonos xa, máis no que realmente nos ocupa neste ensaio que é a implicación das matemáticas na existencia e funcionamento das redes socias, o primeiro que hai que saber e coñecer sobre estas plataformas é que están compostas por nodos ou vértices (que representan aos individuos), que se conectan a través de enlaces. A análise destas relacións e estruturas sociais realízase co obxectivo de estudar como as condutas e actitudes humanas contribúen a dispersión e propagación de rumores e información, entre outras cousas. Este exercicio de observación ten como principio fundamental a Teoría de Grafos.

A Teoría de Grafos atópase nunha rama das matemáticas coñecida como matemática discreta. Esta especialidade caracterízase por ser a encargada de estudar os conxuntos discretos, é dicir, aquelas estruturas nas que cada un dos seus elementos pode contarse por separado, como números enteiros, grafos ou sentencias de lóxica. Este campo considérase o fundamento básico da programación dixital, polo que é unha disciplina realmente importante na área informática. Ademais da Teroría de Grafos, as matemáticas discretas desenvolven outras teorías

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (11.1 Kb)  
Leer 7 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com