ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Historia da Normativización


Enviado por   •  25 de Mayo de 2022  •  Resúmenes  •  257 Palabras (2 Páginas)  •  54 Visitas

Página 1 de 2

A normativización lingüística consiste en elaborar e seleccionar unha variedade estándar que funcione como modelo de corrección idiomática. Para normativizar unha lingua é necesario elaborar un código formal onde se recolla unha ortografía, unha gramática e un dicionario do idioma.

A variedade estándar é aquela lingua que se escolle como o modelo común aceptada polos falantes e usada como un correcto código lingüístico. Esta variante debe concordar cos ámbitos xerais da lingua (estudada na escola, empregada nos medios de comunicación e nos usos formais).

O proceso de normativización consiste en seleccionar e fixar unha norma que permita que os falantes comprendan a lingua e que esta sexa coñecida. Tamén necesita que sea expandida e cultivada en todos os ámbitos socias e que poida ser usada en calquera contorno.

As etapas sucesivas do proceso de normativización foron impostas por Benigno Fernández e Henrique Monteagudo, as cales son o galego popularizante, o galego enxebrizante, o galego protoestándar e o galego estándar.

Toda lingua ten certas interferencias para que o idioma non se normativice, é dicir, que a lingua disposta a normativizarse vese en perigo polo poder da lingua dominante. No caso do galego houbo dúas interferencias moi importantes: o castelán, o cal todo o mundo estaba alfabetizado, e o lusismo, onde se defendía o léxico portugués.

A pesar das interferencias e grazas a que o galego seguiu normativizándose, puidemos deixar de lado as desviacións que deformaban o galego, facendo que haxa unha simplificación da escrita, unha eliminación de dialectalismos, unha maior esixencia de pureza e corrección e unha adaptación do galego á vida urbana.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (2 Kb) pdf (24 Kb) docx (7 Kb)
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com