ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

METAFÍSICA E GNOSEOLOXÍA DE DESCARTES


Enviado por   •  24 de Febrero de 2021  •  Apuntes  •  362 Palabras (2 Páginas)  •  59 Visitas

Página 1 de 2

METAFÍSICA E GNOSEOLOXÍA DE DESCARTES

Considérase que a filosofía moderna comeza no século XVII con Descartes, quen constríu un sistema chamado a dúbida metódica cartesiana, que buscaba as verdades universais. Descartes decide non dar por sabido e cuestiona:

En primer lugar á autoridade tradicional, xa que dubidaba de todos os coñecementos que lle ensinaron, agás as matemáticas.

O coñecemento sensible xa que ás veces os sentidos apórtanos un coñecemento falaz. Desta maneira pon en dúbida a existencia do noso corpo xa que non podemos fiarnos do que vemos e tocamos.

Dos seus propios pensamentos xa que dubidaba da capacidade de razoar que ás veces lévanos a erro.

A vida e o sono, xa que non somos capaces de diferenciar os soños da realidade e que pode significar que sempre estemos soñando.

A existencia de Deus mediante a hipótese do xenio maligno.

Grazas a este proceso chega a conclusión de que a dúbida existe, xa que, dubidar é pensar, polo que se pensamos,por forza temos que existir. Así chega a primeira verdade indubidable, a sustancia pensante (a nosa existencia).

Aínda así cría que existían 2 sustancias máis. Afirmaba que para ser causa dunha idea tes que formar parte dela. Por exemplo para coñecer a infinidade tes que ser infinito. Entón establece que as ideas das que non formamos parte introdúcense en nós por outra forza externa que é Deus. Deste xeito elimina a súa hipótese do xenio maligno chegando a conclusión de que Deus introdúcenos os coñecementos necesarios.

Desta maneira chega á segunda indubidable, a sustancia infinita.

Por outro lado, razoa que se Deus introdúcenos só os coñecementos verdadeiros, os falaces xa forman parte da nosa mente polo que son materia e ocupan lugar no espazo.

Desta maneira descubre a terceira verdade indubidable, a sustancia extensa, que diferenciase da pensante en que mentres o pensamento é inmaterial, a principal característica da metaria é a súa extensión.

Ademais de ser o pai da filosofía moderna, Descartes foi un filósofo renancentista que intentou aclarar o problema da sustancia. Para él, existen tres sustancias completamente distintas entre sí. En cambio, Leibriz, afirmaba que a realidade estaba formada por infintas sustancias e Spinoza cría que só existía unha sustancia que se correspondía con universo enteiro e con Deus.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2.3 Kb)   pdf (21.4 Kb)   docx (7.6 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com