ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

¿QUE É A FILOSOFÍA POLÍTICA?


Enviado por   •  25 de Diciembre de 2022  •  Ensayos  •  6.407 Palabras (26 Páginas)  •  41 Visitas

Página 1 de 26

Santín Fernández, Manuel.DNI:34288101T

¿QUE É A FILOSOFÍA POLÍTICA?

MANUEL SANTÍN FERNÁNDEZ

FILOSOFÍA POLÍTICA

1º FILOSOFÍA

2019/2020

GUIÓN:

  • 1. TESE: ¿Qué é a filosofía política?

      · 1.1 ¿Qué é a filosofía?

      · 1.2 ¿Qué é a política?

  • 2. ¿Qué é a filosofía política?

      · 2.1 Obxecto de estudo: PODER ESTATAL.

      · 2.2 Reflexións da filosofía política.

  • 3. Enfoques da filosofía política:

      · Enfoque normativo.

      · Enfoque realista.

      · Enfoque existencial.

  • 4. Historia da filosofía política. Evolución do concepto.

      · 4.1 A filosofía política na Antiga Grecia.

      · 4.2 A filosofía política na Idade Media.

      · 4.3 A filosofía política na Modernidade.

      · 4.4 A filosofía política na actualidade.

  • 5. Conclusión.
  • 6. Bibliografía.

?QUÉ É A FILOSOFÍA POLÍTICA?

Neste traballo pretenderei mostrar unha definición precisa de filosofía política. Para elo primeiro intentarei descompoñer a palabra, e polo tanto centrareime por separado nos dous conceptos que a compoñen, por un lado filosofía e por outro política. Unha vez feito isto gustaríame tamén tratar qué estuda a filosofía política e polo tanto que reflexiona, tomando como obxecto de estudo o poder estatal. A continuación estaría ben falar dos tres enfoques que pode ter esta disciplina ou este saber en base as preguntas que trata. Por último, faremos un repaso do concepto ao longo da historia, é dicir, centrarémonos na evolución do concepto de filosofía política para entender o que significa hoxe en día. Isto é o traballo, e comezaremos dando unha definición preliminar de filosofía política.

1 ¿QUE É A FILOSOFÍA POLÍTICA?

Tendo en conta o que significan as dúas palabras que compoñen este concepto, por un lado filosofía, amor pola sabiduría, aínda que se entende mellor como busca da sabiduría, polo que podemos denominalo como unha reflexión, e por outro lado política, teoría da polis, é dicir, control da cidade, ciencia que trata o goberno, e todos os temas que xiran en torno a el. Podemos entender este concepto de filosofía política como unha reflexión acerca das relacións de poder entre as persoas que compoñen o estado.

Para matizar isto vamos centrarnos máis en profundidade nestes dous conceptos.

  1.  ¿QUÉ É A FILOSOFÍA?

Etimolóxicamente a  palabra filosofía está composta por outras dúas procedentes do grego, unha é fileÎn (φιλεῖν) que significa “amar” e a outra é sophia (σοφία) que significa “sabiduría”, polo que filosofía é o “amor á sabiduría”.

Partindo disto  podemos dicir que a filosofía consiste na busca da sabiduría, é dicir, do saber de todas aquelas cousas que nos rodean e incluso de nós mesmo. A filosofía consiste polo tanto nunha reflexión da vida, de todo o que sucede nela. Isto xa o compartía o propio Leo Strauss: “La filosofía, como busca de la sabiduría, es una busca del conocimiento universal, del conocimiento del todo...” (páx. 89). E hai que ter en conta que para que isto sexa posible, é  necesario que en nós haxa unha capacidade de asombro, xa que sen esta capacidade non xurdiría en nós o interese por saber que sucede no mundo e polo tanto non existiría a filosofía.

O asombro é algo imprescindible porque da lugar á pregunta, un concepto que tamén é fundamental. Moitos autores dirán que a filosofía consiste en preguntarse sobre todas aquelas cousas que teñen que ver coa vida humana e que non atopan solución nas ciencias. Isto defenderao Berta G. De Vega:  la filosofía no es solo el amor a la sabiduría sino amor a las preguntas, a la curiosidad y al asombro” e incluso Gema Lendoiro:  “La filosofía es la única disciplina que se plantea las grandes preguntas que afectan a todo el mundo”. O que veñen a dicir estas filósofas contemporáneas son que algo imprescindible da filosofía é a pregunta e a  curiosidade por saber todo o que está a pasar no mundo.

Isto tamén o afirmou Petrucciani, o gran filósofo referente neste concepto de filosofía política. El entendía a filosofía como unha “práctica discursiva” que “trata de encarar con los instrumentos del diálogo racional aquellos problemas a los que es imposible que den respuesta las ciencias positivas...” (páx. 21). Neste caso  intenta demostrar que esta disciplina encárgase de fenómenos que non son comprobables e que polo tanto a ciencia non pode dar unha resposta, partindo de que non sempre se chega a unha e que é propio que poidan convivir varias que traten dun mesmo tema.

Obviamente a tarefa da filosofía é moi complexa, de aí que moitas veces non se chegue a unha solución ou mesmo convivan varias respostas a un tempo sobre un mesmo tema, como ben acabo de dicir. Petrucciani diranos que isto é xustamente o que diferenza a filosofía das outras ciencias. El postula a filosofía como un discurso argumentativo e  trata cuestións, problemas, que teñen que ver coa vida humana e ante os cales as outras ciencias non son capaces de dar unha resposta, xa que nestes asuntos é imposible aplicar un método de comprobación. Con isto a definición que nos ofrece é: “por filosofía se debe entender un tipo particular de práctica discursiva caracterizada por la unión de un método y un objeto” (páx. 20).

Como conclusión podemos entender a filosofía como unha reflexión sobre nós mesmos e o mundo que nos rodea grazas a que posuímos a capacidade de asombro que é o que fai posible que nos formulemos preguntas acerca da vida, cuestións que a ciencia non é capaz de respostar porque carecen dun sistema de comprobación.

  1. ¿QUÉ É A POLÍTICA?

A política podémola considerar unha ciencia que trata ó goberno e á organización entre os distintos estados. Este concepto procede da palabra polis, que na antiga Grecia significaba cidade. Xustamente foi aí onde xorde a política co fin de organizar a vida social procurando mellorar a convivencia entre os distintos cidadáns que a compoñen.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (39.6 Kb)   pdf (189.8 Kb)   docx (220.5 Kb)  
Leer 25 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com