La Vrnganza De La Tierra
nhou20 de Enero de 2013
870 Palabras (4 Páginas)361 Visitas
No libro "La venganza de la Tierra",o seu autor James Lovelock constrúe un ensaio que advirte en torno ó inminente perigo derivado do cambio climático.
Na primeira parte do libro Lovelock céntrase na súa teoría Gaia,nas críticas que esta recibiu e como estas sucumbiron pouco a pouco ante a acumulación de datos.O autor considera á Terra como un sistema vivo e autorregulado,según o cal a totalidade do noso planeta,con todos os seus compoñentes vivos e inertes,forma unha especie de entidade viva donde as aportacións de cada elemento son necesarias para o correcto funcionamento do conxunto.E ese correcto funcionamento ten unha única finalidade:permitir a existencia nas mellores condicións das distintas formas de vida que alberga.Esta teoría implica unha visión da Terra como un todo equilibrado onde o ser humano non é máis que unha parte infinitesimal que non debe tratar de empregar accións que amenacen o equilibrio que permite a vida de todas as especies.Ofrece datos como que hai cincuenta e cinco millóns de anos a liberación de CO2 e de metano por causas naturais por enriba dos 500 ppm levaron ó planeta a aumentar 8ºC nas rexións templadas do norte e 5ºC nos trópicos,e que as consecuencias deste quecemento duraron douscentosmil anos,e causaron unha extinción en masa de organismos vivos.
Lovelock non é optimista,e pensa que os actos do ser humano modificaron o sistemas que manteñen en equilibrio a Gaia,e sucederá que toda a vida que alberga o planeta e todos os mecanismos do mesmo se alterarán e se verán ameazados coa extinción,é dicir non só desaparecerán os organismos vivos que conforman o planeta,senón que tamén desaparecerán os dispositivos que fan que todo funcione á perfección e que sexa todo tal e como o coñecemos.
Na seguinte parte do libro analiza desde o seu punto de vista as diferentes perspectivas das fontes de enerxía dispoñibles pola humanidade á vez que pon o acento sobre as que considera as grandes plagas ambientais da nosa época,como poden ser o exceso de nitratos,a choiva ácida,a contaminación dos transportes,a seguridade alimenticia,etc.Aínda que neste apartado Lovelock perde un pouco a perspectiva da realidade xa que nalgún caso como no accidente de Chernóbil,só admite que morreron setenta e cinco persoas e que non eran senón traballadores da central nuclear.O autor defende o uso da enerxía nuclear para poder superar a crisis climática,di que a solución non pode pasar polas enerxías renovables,que poden ser de utilidade de cara ó futuro,pero que aínda non está maduras para producir a cantidade de enerxía que demanda a nosa sociedade,polo que propón o uso da enerxía nuclear como única alternativa viable xa que non emite dióxido de carbono e os seus residuos poden tratarse de maneira máis ou menos fiable,aínda que son radiactivos comenta que son un mal menor. Di que a enerxía nuclear é un recurso para minimizar o abuso dos combustibles fósiles e evitar que o sistema atmosférico chegue a un punto crítico sin retorno.Tamén apunta que é posible unha civilización ultratecnificada de baixo consumo enerxético e recoñece as posibilidades de viaxes trasatlánticos con barcos movidos por superordenadores e cruzando os océanos sen consumir combustibles fósiles.
Lovelock corrobora que o modelo de acumulación capitalista que hoxe se expande en ancas da impune unipolaridade,é o verdadeiro responsable do que está sucedendo,concentra as súas máis seveiras críticas sobre a hipertrófica industrialización,en cuio marco practícase unha despiadada e irracional explotación dos recursos da natureza e da forza do trballador.
Tamén critica os discursos políticos dominantes,afirmando que pese ós documentos e declaracións da comunidade internacional,avanzouse moi pouco na materia de mitigación do dano provocado pola emisión de gases de efecto invernadoiro.Na súa opinión esos pronunciamentos
...