ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Incoterms 2020


Enviado por   •  7 de Mayo de 2022  •  Apuntes  •  5.425 Palabras (22 Páginas)  •  85 Visitas

Página 1 de 22

INCOTERMS 2020

Os Incoterms (International Commerce Terms) son termos publicados pola Cámara de Comercio Internacional (CCI), en concreto once, que determinan as condicións de entrega das mercadorías en operacións de compravenda de carácter internacional.

Non teñen forza de lei e en consecuencia non é obrigatorio o seu emprego, que quedará condicionado á aceptación das partes que interveñen nun contrato de compravenda, ao constituír unha normativa de dereito privado que non está soportada polas lexislacións dos países nin por ningunha norma xurídica supranacional. Aínda así, constitúen unha práctica comercial amplamente empregada ao ser recoñecidos implicitamente na Convención de Viena de 1980.

  1. CLASIFICACIÓN

Os Incoterms poden clasificarse de acordo a tres criterios que teñen que ver todos eles co tipo de transporte empregado, o pago do transporte principal e a transmisión do risco no transporte.

Tipo de transporte empregado: Incoterms polivalentes e marítimos

Nesta última versión dos Incoterms hai sete que se poden empregar con calquera tipo de transporte ou con varios tipos á vez (multimodal). Pola contra, hai catro que só se poden usar con transporte marítimo e por vías navegables interiores (canles, ríos,…):

  • Polivalentes: EXW, FCA, CPT, CIP, DAP, DPU e DDP.
  • Específicos de vías navegables: FAS, FOB, CFR e CIF. Pago do transporte principal: vendedor ou comprador

O segundo criterio de clasificación é o pago do transporte internacional entre o país de orixe e o de destino (principal).

  • Con pago do transporte principal a cargo do comprador: EXW, FCA, FAS e FOB.
  • Con pago do transporte principal a cargo do vendedor: CPT, CFR, CIP, CIF, DAP, DPU e DDP.

Transmisión do risco no transporte da mercadoría: en orixe ou en destino

Finalmente distinguiremos entre os Incoterms nos que a obriga de entrega da mercadoría por parte do vendedor, que supón a transmisión do risco no transporte, se produce no país de orixe e aqueles nos que a obriga de entrega se produce no país de destino.

  • Con transmisión de riscos no país de orixe: EXW, FCA, FAS, FOB, CPT, CFR, CIP e CIF
  • Con transmisión de riscos no país de destino: DAP, DPU e DDP

Se ben estas cláusulas regulan moitos aspectos das operacións de comercio exterior, hai outros sobre os que non inflúen, como o comercio de servizos, a propiedade da mercadoría ou o prazo de pago.

  1. FINALIDADE DOS INCOTERMS

En concreto, a finalidade destes termos é delimitar con precisión:

  • O lugar de entrega da mercadoría.
  • Os documentos e trámites aduaneiros das operacións de exportación importación.
  • A transmisión dos riscos no transporte da mercadoría.
  • O reparto de custos loxísticos entre vendedor e comprador.

P á x i n a 1 | 15

Lugar de entrega da mercadoría

Débese delimitar a través destas cláusulas con precisión o lugar da entrega da mercadoría así como si se entrega cargada ou ben preparada para a descarga no medio de transporte. Por iso, a continuación das tres siglas en maiúscula do Incoterm deben figurar coa maior precisión posible:

  • O lugar específico de entrega a mercadoría: dirección da empresa vendedora ou compradora, centro de transporte, plataforma loxística, terminal, peirao, porto, aeroporto, etc.
  • A cidade (provincia) na que se entrega a mercadoría.
  • O país no que se entrega a mercadoría.

Estes dous últimos puntos son moi importantes, xa que a xeografía mundial é moi ampla e non sempre é doado situar unha cidade nun país.

A continuación do país deberemos incluír a mención Incoterms 2020 para reflectir que estase a empregar a última versión publicada pola CCI.

Exemplos:

EXW Industrias Álvarez, S.L., Llanes, Asturias, España, Incoterms 2020. EXW Rúa Gran Vía, 80, Sarria, Lugo, España, Incoterms 2020.

FCA Terminal de contedores, porto de Valencia, España, Incoterms 2020. DPU Plataforma loxística de Lyon, Francia, Incoterms 2020.

DDP Adetepe Sitesi, 24, Estambul, Turquía, Incoterms 2020

Ademais do lugar de entrega, tamén regulan como debe entregarse a mercadoría: preparada para a descarga no lugar de entrega, cargada no medio de transporte ou descargada do medio de transporte. En cada Incoterm está determinada a mesma.

Documentos e trámites aduaneiros

Os Incoterms regulan quen debe obter os documentos que se xeran nunha operación de comercio exterior. Entren os documentos citados distinguiremos o documento que xustifica a entrega da mercadoría e os necesarios para levar a cabo os trámites aduaneiros.

En canto ao documento que xustifica a entrega, existen dous tipos:

  • Albarás de recollida/entrega do transportista, asinados polo transportista do comprador ou polo propio comprador. Empréganse en: EXW, FCA, DAP, DPU e DDP.
  • Documentos de transporte internacional, que dependerán do tipo de transporte empregado (trátanse na propia unidade 4). Empréganse en FOB, CPT, CIP, CFR e CIF

Con relación aos documentos vencellados aos trámites aduaneiros, temos:

  • DUA de exportación e importación
  • Declaración de Valor
  • Inspección previa ao embarque
  • Certificados
  • Licenzas
  • Autorizacións

P á x i n a 2 | 15

Nos Incoterms 2020 regúlase por vez primeira quen é o responsable na presentación de documentos nos países de tránsito. A norma empregada é asignar dita responsabilidade a quen asume o risco do transporte ata o lugar de entrega. Así en EXW, FCA, FAS, FOB, CPT, CFR, CIP e CIF nos que o risco de transporte se transmite en orixe (país do vendedor) a responsabilidade do despacho de tránsito asúmea o comprador; pola contra, en DAP, DPU e DDP nos que o risco se transmite en destino (país do comprador) a responsabilidade tena o vendedor.

Transmisión dos riscos no transporte

Trátase aquí do prexuízo que poda causar ao vendedor ou ao comprador o dano, perda, retraso, etc., durante o transporte da mercadoría; non do risco comercial ou de pagos que ten que ver coa transmisión da propiedade da mercadoría e co seu pago, aspectos que non se regulan nos Incoterms.

Hai dúas posibilidades:

  • Transmisión de riscos en orixe: en EXW, nos Incoterms F e nos C o risco transmítese á saída, é dicir, alí onde o vendedor entrega a mercadoría ao primeiro transportista da cadea (polivalentes) ou no porto de embarque (marítimos), sempre no país de orixe.
  • Transmisión de riscos en destino: nos Incoterms D o risco transmítese á chegada, é dicir, cando o vendedor entrega a mercadoría no lugar convido (normalmente unha infraestrutura loxística, DPU) ou instalación do comprador (DAP, DDP) no país de destino.

Reparto dos custos loxísticos entre vendedor e comprador

A normativa dos Incoterms está feita dende o punto de vista do vendedor, logo a medida que se avanza na clasificación dos mesmos, son maiores os custos que asume o vendedor e menores os que asume o comprador. Os custos poden dividirse en 11 conceptos: 5 en orixe, 2 internacionais e 4 en destino.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (35.1 Kb)   pdf (435.5 Kb)   docx (282.9 Kb)  
Leer 21 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com