ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Cubero, R. E Luque, A (2001): Fragmento De "desarrollo, Educación Y Educación Escolar: La Teoría Sociocultural Del Desarrollo Y Del Aprendizaje. En C.Coll, J. Palacios E A.Marchesi (comps.), Desarrollo Psicológico Y Educación. 2.Psicología De La E


Enviado por   •  21 de Abril de 2015  •  487 Palabras (2 Páginas)  •  1.058 Visitas

Página 1 de 2

O proceso de e construción do coñecemento é entendido como un proceso de coconstrución ou de construción conxunta que se realiza coa axuda doutras persoas, que no contexto escolar son o profesor e os compañeiros da aula. A aula é entendida como unha comunidade de aprendices, onde o profesor/a crea actividades. A axuda educativa, os mecanismo mediante os cales se inflúe no desarrollo e o aprendizaxe do neno, levase a cabo a través dunha serie de procedementos de regulación da actividade conxunta. Esta axuda é posible grazas á negociación dos significados e ao establecemento dun contexto discursivo que fai factible a comunicación e a comprensión. A construción do coñecemento na aula é un proceso social e compartido. Os procesos de intercambio e de negociación no escenario realízanse mediante a participación guiada para a aprendizaxe dos alumno, ofrecéndolles varios tipos de axuda:

1. Constrúense pontes dende o nivel de comprensión e destrezas do neno e da nena cara outros niveis mais complexos.

2. Estrutura a participación dos nenos, manipulando a presentación da tarefa de forma dinámica, axustándose ás condicións do momento

3. Traspasa gradualmente o control da actividade ata que o propio alumno/a é capaz de controlar por sí mesmo/a a execución da tarefa.

A meta educativa a conseguir é que o aprendiz se apropie dos recursos da cultura, a través da súa participación con outros máis expertos en actividades conxuntas tamén definidas pola cultura. A apropiación de obxectos de coñecemento e de ferramentas culturais mediada pola axuda doutros supón:

a. Incorporar o obxecto de coñecemento ou a nova ferramenta cultural aos recursos mentais dispoñibles asta ese momento por parte do aprendiz.

b. Facer seu o coñecemento e a ferramenta cultural aprendida, dándolles un sentido e significatividade.

c. Incluilos no repertorio da prácticas utilizadas

d. Compartir o seu uso cos demais.

Conceptos elaborados dende diferentes orientaición confluen nunha explicación da aprendizaxe como colaboración ou coordinación conxunta, onde a influencia educativa non se restinxe á interacción profesor - alumno , non tamén a que se dá entre os propios alumnos, a cal é igualmente recoñecida como contexto social de construción de significados, onde se poñen en marcha mecanismo como a expresión e o recoñecemento de diferentes puntos de vista, creación e resolución de conflitos, relevantes na aprendizaxe.

Os estudos socioculturais da aprendizaxe na aula interesáronse pola análise do discurso escolar. Na aula a comunicación e a construción de novos conceptos ten lugar en prácticas onde o discurso educativos xoga un papel primordial. É a través del que se constrúen versións sobre o coñecementos e tamén podemos analizar cómo se contraen. Outro aspecto relevante e a linguaxe e o establecemento dun consenso

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (3 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com