ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Acerca Del Alma-Aristoteles


Enviado por   •  4 de Julio de 2012  •  4.952 Palabras (20 Páginas)  •  689 Visitas

Página 1 de 20

A TEORÍA ARISTOTÉLICA DA ALMA

INTRODUCCIÓN.

No mundo grego clásico atopamos dúas formas diferentes de entende-la alma:

Unha é como aquello que nos permite alcanza-lo coñecemente e a ciencia, aquello que nos acerca ós deuses e nos diferencia do resto dos seres (incluidos os animais). Isto é a alma como principio de racionalidade.

A outra forma de entendela é como aquello que se atopa nos serse vivos, gracias ó cal, ditos seres son capaces de realizar as actividades vitais, e diferéncianse por isto dos seres puramente inertes. Esta é a alma como principio de vida.

Tódolos filósofos gregos aceptaron estas dúas dimensións na alma humana, pero uns subrayaron un aspecto e outros o outro. Na doctrina de Platón, por exemplo, destaca a primeira dimensión. Platón defendeu sobre todo na súa teoría o carácter divino e inmortal da alma humana. Este consideraba a alma separable e separada do home de carne e oso, e a súa teoría seguía un camiño que ven poderiamos chamar relixioso. O famoso dualismo platónico do mundo material / mundo inmaterial afondaba na antropoloxía a contraposición corpo / alma, ata o punto de considerar a alma como unha habitante orixinaria do mundo inmaterial, e o corpo como a súa cárcere.

Aristóteles en cambio vai subraya-la sengunda forma, e propón a cuestión da alma de unha maneira radicalmente diferente a doctrina platónica. Este desenténdese de todo o ámbito relixioso que envolvía o tema, e no tratado aristotélico “acerca da alma”, onde aborda esta difícil cuestión, é o biólogo, ou mellor dito, o filósofo da vida o que se pregunta pola alma. O obxeto da psicoloxía (termo que deriva da palabra grega psyche) é para Aristóteles non só a natureza superior do ser humano, senón todo o ámbito da vida, pois todo o que ten alma ten vida, e viceversa.

¿Qué é, entón, exactamente a alma?

LIBRO I

O tratado Aristotélico sobre a alma comeza, como é habitual no Estagirita, cun capítulo que resume tódalas preguntas que deberemos respostar e tódalas custións nas que deberemos afondar para chegar á súa definición mais exacta posible.

Despois de precisar estas cuestións a debatir que propón no primeiro capítulo do tratado, Aristóteles céntrase na descripción, reflexión e crítica de tódalas teorías acerca da alma feitas por outros filósofos do seu tempo, os que Aristóteles denomina como “os meus predecesores”.

Aristóteles disponse a repasar estas teorías poñendo atención naquelo que os pensadores toman como a esencia da alma, e dase de conta de que moitos de eles opinan que a característica primordial, a mais importante que a alma posúe e a do movemento: tanto o movemento que ela posúe por si mesma como o movemento do que dota os seres corporais que a posúen. Nesta liña desenrólanse doctrinas como a Pitagórica, o pensamento de Demócrito e de Anaxágoras (no que a principal diferencia entre os dous filósofos é que o primeiro, Demócrito, cree que alma e intelecto son a mesma cousa, e Anaxágoras opina que son cousas diferentes), de Alcmeón, Leucipo ou Tales de Mileto. Aínda que con algunhas diferencias nas súas teorías, todos eles tratan ó MOVEMENTO como a esencia da alma.

Tamén comenta a opinión de outros pensadores remitíndose a cuestións diversas, como o problema da composición da alma, onde as posturas sobre o tema distan moito unhas de outras. Empédocles, por exemplo, propón que a alma está composta de tódolos elementos, sendo cada un deles almas en si. Da mesma forma, platón describe a orixe da alma na súa obra “Timeo”, no que tamén constrúe a alma a partir dos elementos.

Tamén oubo pensadores que identificaron a alma cun elemento en particular, como Demócrito, que di que esta é lume, ou unha especie de elemento candente; Diógenes, o cal afirma que é aire, xa que é algo incorpóreo; Hipón, que defende que a alma é auga en relación a humedade do semen en todos animais, ect... Non hai ningun que identifique á terra como esencia da alma.

O filósofo Critias, pola súa parte, defende outra característica da alma como esencia de esta: o SENTIR. Na súa teoría afirma que a alma é sangue ou atópase nesto, pois a característica mais propia de esta é o sentir, e esto prodúcese en virtude da natureza do sangue.

En resumidas contas, Aristóteles conclúe que todos definen a alma por tres características: MOVEMENTO, SENSACIÓN e INCORPORIEDADE.

Nos sucesivos capítulos do libro primeiro, Aristóteles elabora as críticas a todas estas teorías particulares, mostrando a imposibilidade real de estas. Critica – centrándose na versión platónica – a teoría segundo a cal a alma se move por si mesma, a que identifica a alma como armonía, a que defende que esta está composta de elementos e tamén, a teoría que a concibe como número automotor (a cal Aristóteles denomina como “a mais absurda”, e refuta por medio de unha serie de problemas matemáticos e xeométricos que a fan imposible).

Todas estas teorías, ainda que nalguns aspectos das mesmas Aristóteles esté dacordo 8estes son poucos), o que fai é, namentres as desenrola e as explica detalladamente, vai desenmascarando os moitos problema que conlevan, facéndose preguntas de moi difícil resposta sobre diversos puntos da teoría, e finalmente desacredita a veracidade que estas poidan posuir para indicar a súa como verdadeira.

LIBRO II

É neste libro sengundo onde Aristóteles desenrola a súa interesante teoría sobre a alma, aplicando os conceptos fundamentais da súa física e a súa filosofía primeira

Aristóteles presenta a alma como unha entidade ou substancia. Para o pensador grego a entidade é un dos xéneros mais importantes dos entes, e estos son, todos eles, coñecidos por ese “algo” que posuímos os seres vivintes, ese “algo” que nos dota de vida. Seña o que seña exactamente esa substancia, iso é a alma.

A entidade pode comprenderse de tres xeitos diferentes:

- Como materia. É dicir, algo que non é nada por si mesmo, algo non determinado, simplemente materia.

- Como estructura e forma, en virtude da cal podemos decir desa entidade que “é algo”, algo determinado.

- Como un composto das dúas anteriores.

A alma é para Aristóteles os tres xeitos de entidade: á materia corresponde o corpo

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (29 Kb)  
Leer 19 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com