ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Revolución do 23 de febreiro de 1917


Enviado por   •  6 de Marzo de 2018  •  Monografías  •  487 Palabras (2 Páginas)  •  82 Visitas

Página 1 de 2

Revolución do 23 de febreiro de 1917:

As reformas prometidas polo zar non se cumpriron (duma). Seguía sendo un rei absolutista. O exército estaba molesto polos fracasos fronte a Alemaña, por todos os territorios que lle tivo que ceder. En Rusia os cidadáns e os soldados pedían a paz porque os pobos estaban en malas condicións, pasaban fame... A demais pasaron un cru inverno no 16-17. O 27 de febreiro de 1917 producíronse distintos feitos que instigaron unha rebelión do exército: varios corpos militares uníronse ás filas revolucionarias en San Petersburgo, as mulleres saíron á rúa baixo o lema “Pan, pan e abaixo a autocracia”, os obreiros reclamaron melloras laborais e os burgueses organizaron conspiracións políticas contra os zares. Todo isto produciu que as tropas fusilasen aos oficiais e confraternizaran cos obreiros. Os soviet estaban dominados polos mencheviques e os eseritas. Por outra banda a DUMA estaba controlada polos KDT. Ante esta situación, a duma, propón a formación dun goberno provisional. Este goberno provisional presidiuno o príncipe Lvov. O zar negábase a calquera tipo de cambios, polo que o pobo obrigoulle mediante fortes presións a abdicar. Creouse entón un goberno provisional dirixido polo príncipe Lvov. Este aceptou cambios no sistema pero continuou coa guerra. Este novo goberno pactou co soviet de Petrogrado. Un dos dirixentes dos soviet de Petrogrado era Kerensky, que era de tendencia eserita. Kerensky foi nomeado presidente do goberno e Lvov foi eliminado. Kerensky tamén quixo seguir coa guerra. Prometeu convocar unhas eleccións para elaborar unha asemblea constituínte. A partir deste momento os soviet tiñan cada vez mais poder (dobre poder: o legal, Kerensky e os soviet, que están á sombra). Durante este período os obreiros pediron ao goberno que se instaurasen xornadas laborais de 8 horas e os campesiños solicitaban o reparto das terras. As minorías nacionalistas pedían a reforma pública federal con dereito á autodeterminación. Pediuse o fin da guerra. Lenin veu do exilio en abril de 1905. Lanzou entón as famosas teses de abril:

 rexeita ao goberno provisional porque quere seguir coa guerra

 maniféstase contrario á guerra todo o poder debe estar nos soviet

 debe producirse unha transformación moi rápida dunha república burguesa a

unha socialista a partir dunha revolución proletaria. Este programa resumíase nas frases “paz, pan e terra” para que chegasen as súas ideas ao pobo. Estas teses non foron moi ben vistas por Kerensky, xa que el quería manter a república burguesa e negábase a calquera tipo de transformacións. Enfrontouse co soviet e os bolcheviques. Os bolcheviques atopábanse por este momento en minoría cos mencheviques. Produciuse un golpe de estado por parte do xeneral Kornilov. Este quería unha volta a atrás porque non quería os cambios de Kerensky. Kerensky venceu a Kornilov coa axuda do apoio dos bolcheviques e os soviet. Isto fixo que os bolcheviques gañasen prestixio, pero con todo Kerensky perdíao. En outubro, Lenin, convenceu aos bolcheviques de que chegara o momento de acabar co goberno de Kerensky.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (3.1 Kb)   pdf (43 Kb)   docx (11.2 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com