ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

DELIMITACIÓN CONCEPTUAL DA ECONOMÍA POLÍTICA.


Enviado por   •  18 de Abril de 2016  •  Apuntes  •  16.389 Palabras (66 Páginas)  •  306 Visitas

Página 1 de 66

ECONOMÍA POLÍTICA I:

METODOLOXÍA E MERCADOS.

1ºGrao en Ciencias Políticas.            Prof. Fuco Sanjiao.

TEMA 1. DELIMITACIÓN CONCEPTUAL DA ECONOMÍA POLÍTICA.

1.1.- Economía Política: concepto e enfoques alternativos.

Concepto de economía: a economía é a ciencia que trata de satisfacer as necesidades humanas (ilimitadas) cos recursos (limitados). É o estudo de como as sociedades utilizan os recursos escasos para producir bens valiosos e distribuilos entre diferentes persoas.

A economía pode verse dende diversos enfoques:

  • A economía pode entenderse como ciencia da riqueza (riqueza vs. renda). Xa Adam Smith na súa obra 'La riqueza de las naciones' indica que o home, como ser económico, ten o impulso moral de lucro. A 'riqueza' é a abundancia de bens ou rendas, o valor do patrimonio, recursos dos que dispoño. As 'rendas' son os ingresos ( fluxo de salarios, intereses, dividendos e demáis cousas de valor recibidos nun periodo de tempo), o que gaño.
  • A economía como ciencia da escaseza (bens económicos vs. bens libres). A sociedade atópase nunha situación de escaseza debido a que os bens son limitados en relación cos desexos. Por iso, ante os desexos ilimitados, a economía busca administrar os recursos escasos. Mentres que os bens económicos son escasos, os bens libres non.
  • A economía é unha ciencia de intercambio (actividades económicas vs. actividades políticas), consiste en intercambiar os bens que valoras menos por outros que consideres máis valiosos, polo tanto o intercambio sempre é satisfactorio para ambas partes. É libre e voluntario. O valor de algo depende da calidade ou a disponibilidade do producto (exemplo: o marisco en comparación co peixe).
  • A economía é unha ciencia de comportamento humano (intereses vs. recursos). Todas as actividades humanas son actividades económicas posto que con elas satisfacemos as nosas necesidades. Os intereses son o que queremos ter, e os recursos o que temos para conseguir o que queremos.

A economía como feito natural é a que busca satisfacer as necesidades humanas.

A economía política (actividades individuais vs. actos colectivos) é aquela economía que se amosa dentro dun contexto social, dunhas regras que determinan o seu funcionamento. Os actos  pasan de ser individuais a ser colectivos cando dous ou máis persoas adoptan unha decisión única que se entende como o verdadeiro grupo.

A producción e distribución da riqueza debe facerse de forma prudente. Esa prudencia debe ter en conta as normas morais e valores que cada sociedade estima como xustos, a ordenación está fundada nas reglas do Dereito, que impón certas normas restrictivas ás actividades económicas, en vista a non perxudicar a terceiros.

1.2.- Método na Ciencia Económica.

 

A metodoloxía fai referencia ao conxunto de procedementos racionais utilizados para alcanzar unha gama de obxectivos que rixen nunha investigación científica. A base da metodoloxía é a abstracción.  Os modelos económicos polo  tanto son producto da abstracción. Son modelos de 'laboratorio' que pasan posteriormente a ser contrastados coa realidade (por iso as veces os modelos non funcionan).

En relación co modelo analítico atópanse conceptos como a macroeconomía e a  microeconomía. A microeconomía é a parte da economía que estuda o comportamento económico de axentes económicos individuais, como son os consumidores, empresas, traballadores, inversores ou mercados. Considera as decisións que toma cada un para cumprir certos obxectivos propios. Os elemento básicos nos que se centra o análise microeconómico son os bens, os prezos, os mercados e os axentes económicos. Frecuentemente considérase a Adam Smith como o fundador da microeconomía.

A macroeconomía é a parte da teoría económica que se encarga do estudo xeral da economía, mediante a análise das variables económicas agregadas coma o monto total de bens e servicios producidos, o total de ingresos, nivel de emprego, de recursos productivos, a balanza de pagamento, o tipo de cambio e o comportamento xeral dos prezos.

O modelo sintético é a visión máis próxima á economía política, implica a síntese, unha unión de elementos para formar un todo. Ten modelos excluíntes: o método colectivista sostén que o colectivo (a sociedade, a comundade, a nación...) é a unidade da realidade estándar de valor. Dende esta perspectiva, o individuo é real só como parte do grupo (MARX). O individualismo é a posición que enfatiza a dignidade moral do individuo. Os individualistas promoven o exercicio dos obxectivos e os desexos propios e, en tanto, a independencia e autosuficiencia, néganse á maioría das intervencións exteras sobre as opcións personais.

O método inductivo é un método científico que elabora conclusións xerais a partir de enunciados observacionais particulares ou experiencias.

É máis diícil atopar os intereses colectivos porque hai que partir sempre da análise do individuo xa que son os individuos os que deciden agruparse ou non. Foi o erro de Marx xa que os intereses colectivistas no sistema comunista (conseguir os bens de producción) eran distintos aos individuais (vivir sen explotación).

A ferramenta para acceer ós mercados será o individualismo metodolóxico: (individuos que actúan no mercado con distintos roles). O individualismo metodolóxico baséase na escaseza de recursos; os bens (aquelo que pode ter un valor no mercado e funciona mal), os recursos (aquelo susceptible de utilización  no ámbito económico para satisfacer as necesidades. Exemplo: tempo), e factores económicos (elementos empregados no proceso productivo). A mesma cousa pode ter as tres condicións.

Baséase na multiplicidade de obxectos, na capacidade de elección (os recursos son escasos para satisfacer as necesidades e na elección baséase a actividade económica). Racionalidade dos actores: homo economicus. A elección racional baséase en que os individuos, sabendo cales son os recursos escasos e os obxectivos, usan a capacidade de pensar e elixen racionalmente o que lles favorece mais.

BASES DA ELECCIÓN RACIONAL:

Todas as decisións económicas parten dunha análise racional entre custos e beneficios. O custo son os recursos necesarios empregados para realizar unha actividade. Beneficio é o termo utilzado para designar a ganancia que se obtén nun proceso ou actividade económica.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (109.9 Kb)   pdf (455.8 Kb)   docx (70.4 Kb)  
Leer 65 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com