ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

El movmiento obreiro (PAU Galicia)


Enviado por   •  24 de Febrero de 2016  •  Apuntes  •  842 Palabras (4 Páginas)  •  243 Visitas

Página 1 de 4

O MOVEMENTO OBREIRO ESPAÑOL

A Revolución Industrial iniciada en Inglaterra a finais do século XVIII trouxo consigo o nacemento dunha nova clase social: os obreiros. Estes eran os asalariados que traballaban nas fábricas cunhas condicións laborais de explotación: longuísimas xornadas laborais de ata dezaseis horas, en lugares de traballo totalmente insalubres, sen seguros nin salarios mínimos e podendo ser despedidos según o capricho do patrón. A Revolución Industrial tamén deu lugar a unha nova burguesía bastante acomodada que vivía a costa do esforzo dos obreiros, mentres estes sufrían unhas condicións de auténtica miseria e cunha esperanza de vida que ás veces non chegaba ós trinta anos.

A primeira reacción do proletariado ante o proceso de industralización foi o  ludismo. Tras a aparición das fábricas, estas foron incorporando máquinas que facían o traballo en lugar dos obreiros. Así pois a clase obreira pensou que as máquinas quitábanlle os postos de traballo ós obreiros e, xa que logo, a reacción proletaria foi posicionarse contra o uso de maquinaria nas fábricas e emprender accións violentas para a súa destrución. Así e para ilustrar este feito podemos ver o Doc. 1 no que se conta como as traballadoras dunha empresa tabaqueira coruñesa destruían as máquinas, máis un dos incidentes máis importantes foi o asalto e queima en 1835 da fábrica Bonaplata, unha fábrica de tecidos en Barcelona porque esta contaba con teares movidos por máquinas e os obreiros crían que lles quitaban postos de traballo. Estes incendios das fábricas a mans dos obreiros só durou uns anos porque o proletariado axiña se dou conta de que as máquinas non eran as causantes dos seus problemas, senón que mesmo poderían facer que os obreiros tivesen mellores condicións laborais e de que o verdadeiro inimigo da clase obreira eran os patróns, que non repartían de forma minimamente equitativa os beneficios das empresas.

Así pois comezaron a xurdir asociacións obreiras clandestinas. Ó principio estas asociacións eran dun colectivo de traballadores dun determinado sector polo que tiñan certo carácter gremial e funcionaban como Sociedades de Socorro Mutuo. Isto quere dicir que os obreiros creaban un fondo común que permitía manter a algún dos seus membros cando estaban enfermos, xa que en caso de enfermidade non cobraban salario algún e mesmo podían ser despedidos. Pouco a pouco estas organizacións van evolucionando e tendo certa influencia e cara a década de 1840 aparecen as primeiras organizacións de carácter sindical influídas polo cartismo inglés, que buscaba a mellora das condicións da clase obreira a través da vía política e parlamentaria, e as Trade Unions. Nun principio este tipo de asociación estaban prohibidas. Como vemos no Doc.2. os obreiros queixábanse dos baixos salarios, do traballo feminino e infantil e das duras condicións de vida que soportaban. Así pois no xornal “ El Eco de la Clase Obrera” fan unha petición ás Cortes do Bienio Progresista, piden o dereito de asociarse para reivindicar melloras laborais. Pero ante a pasividade do Goberno, ese ano, 1855, ten lugar en Barcelona a primeira folga xeral en España. A pesar de todo, o dereito de asociación non sería recoñecido dun xeito definitivo ata 1887 baixo o goberno do liberal Sagasta. A pesar da represión o sindicalismo seguiu reforzándose e espallándose.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (5.4 Kb)   pdf (56.7 Kb)   docx (9.9 Kb)  
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com