ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Sexenio democratico 1


Enviado por   •  13 de Noviembre de 2015  •  Apuntes  •  725 Palabras (3 Páginas)  •  236 Visitas

Página 1 de 3

Nun contexto de malestar social crecente, provocando polas malas colleitas, as dificultades económicas, e o descontento da maioria da clase política polas actuacions da raiña Isabel II, unironse todos os grupos políticos baixo o lema “Abaixo os Borbons” e España con honra.

A Revolucion Gloriosa iniciouse en setembro de 1868 en Cadíz cun pronunciamento das tropas da Mariña. Os sublevados venceron as tropas leais á raína na batalla de Ponte de Allcolea e tamen xurdiron numerosas xuntas revolucionarias estimuladas polos progresistas, nas cidades, e esixiron reivindicacions de tipo social como a abolición dos consumos e a supresión do sistema de quintas.

O triunfo revolucionario obrigou a Sabela II abandonar España e asi formouse  un goberno provisional presidido por Serrano e formado por unionistas e progresistas que contaba co apoio dos democrates.

Este gobernó asumiu os principios defendidos polas xuntas e puxo en marcha reformas( políticas e económicas) e convocou cortes constituintes elixidas polo sufraxio universal.

As eleccions deron un amplo triunfo os partidos da monarquia e España converteuse nunha monarquia demócrata. Logo elaborouse a Constitucion de 1869 inspirada nos principios de liberalismo democrático que establecia:

  • A soberanía nacional composta por tres poderes
  • A monarquia como forma de gobernó
  • O rei exercia o poder executivo a través dos seus ministros, que eran responsables entre as Cortes. Tamen sancionaban e promulgaban as leis sen capacidade de vetalas e tiña a potestade de suspender e disolver as Cortes, pero una soa vez por lexislatura.
  • Cortes bicamerais formadas polo Congreso e o Senado, con iguais atribucions elixidas polo sufraxio universal masculino. Asumían en exclusiva o poder lexislativo, controlaban as accions do gobernó e aprobaban os orzamentos.
  • O poder xudicial estaba en mans dos tribunais formados por xuices, nomeados a través dun sistema de oposicions, e xurados con participación popular.
  • Dereitos e liberdades recollidas de forma explicita e ampla. Liberdade de cultos,  eliminando a confesionalidade do estado.

Despois de promulgarse e a Constitucion,  Serrano foi nomeado rexente provisional mentres se buscaba un novo rei para España finalmente o candidato escollido co apoio de Prim,  foi Amadeo I de Savoia que aceptou e xurou a constitución o 2 de Xaneiro de 1871. Este tivo escasos apoios xa que era rexeitado pola aristrocacia, a igrexia, a maioria do pobo, carlistas, alfonsinos e republicanos.

A norte de Prim deixouno sen o seu principal valedor.  Debido a inestabilidade política durante o seu reinado tivo que facer fronte a numerosos problemas:

  • Difcultades de goberno pola ruptura da coalición gubernamental e as tensions entre os lideres.
  • O desenvolvemento da guerra de Cuba, iniciada no 1868 onde se mesturaban as criticas á dominación española cos desexos do abolit a escravitude e alcanzar a independencia. A guerra durou varios anos.
  • A terceira guerra Carlista iniciada en abril de 1872 que tivo un amplo apoio popular nas provincias vascas e Navarra e menor en Cataluña. Esta guerra finalizou en 1876.
  • A oposición republicana que fixo imposible o reinado de Amadeo e conseguiu o apoio popular necesario para proclamar a Republica.
  • Ante a dificultade, e sen poder formar un goberno forte para resolvela, o 2 de febrero de 1873, Amedeo I  comunicou a súa decisión de renunciar a Coroa.

Tras a renuncia de amadeo, o Congreso do Senado formou una Asamblea Nacional  que proclamaron a Republica.

A monarquia en España parecía definitivamente morta según Emilio Castelar.

O 2 de febreiro de 1873 proclamouse a Republica . A Asamblea Nacional Republicana nomeou como presidente do poder executivo a Estalislao Figueiras.

Xurdiron diferenzas sobre a organización da política da Republica:

  • Os unitarios defendían a creación dunha republica unitaria.
  • Os federais gradualistas, dirixidos por PI I Margall, defendían a configuración da federación dende arriba.
  • Ços federais intransixentes  ou cantonalistas defendían que a federación debía facerse dende abaixo.

As tensions republicanas causaron inestabilidade política e convocaronse novas eleccions para formar una Asmblea Nacional constituinte. As eleccións foron gañadas amplamente polos federais.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (4.8 Kb)   pdf (33.6 Kb)   docx (12.6 Kb)  
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com