ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Solucionario PDC


Enviado por   •  5 de Diciembre de 2014  •  956 Palabras (4 Páginas)  •  182 Visitas

Página 1 de 4

Xeografía e Historia de Galicia

Segundo o DOG de 27 xuño de 2008, onde se establecen as materias optativas do Bacharelato e o seu currículo, esta materia xustifícase por ser Galicia unha das tres nacionalidades históricas recollidas na Constitución española de 1978, debido a evidentes aspectos específicos (xeográficos, históricos, culturais e mais unha lingua de seu) que a diferencian doutras comunidades, e da vontade autonomista manifestada plebiscitariamente nos anos 30 e plasmada, por vez primeira, no Estatuto de 1936 e, despois, no actual ordenamento constitucional e estatutario.

O estudo científico dos aspectos históricos, xeográficos e antropolóxicos de maior transcendencia para coñecer e explicar a evolución e a situación da sociedade galega actual está presente nos deseños educativos da nosa comunidade, pola súa capacidade para achegarlle ao alumnado unha visión crítica e integral do pasado e do presente do seu propio país.

Obxectivos

O ensino e aprendizaxe da xeografía e da historia de Galicia no Bacharelato terá como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades:

•Recoñecer a existencia de aspectos naturais, culturais e históricos, que definen a Galicia como nacionalidade histórica cunha paisaxe característica, unhas tradicións propias e unha identidade colectiva diferenciada.

•Analizar as repercusións das actividades humanas sobre o medio físico e contribuír activamente á súa defensa, conservación e mellora como alicerce da calidade de vida e dun desenvolvemento sustentable en termos ecolóxicos e sociais.

•Identificar e situar no espazo e no tempo os procesos de cambio e os feitos máis relevantes da historia de Galicia e as características do seu territorio, das formas de poboamento e da paisaxe, para comprender a súa evolución ata o presente.

•Coñecer as características das transformacións económicas, sociais, políticas e culturais que se produciron en Galicia desde o século XVIII, para comprender a especificidade da súa integración no escenario estatal e nos mercados mundiais.

•Desenvolver unha perspectiva actualizada e integradora da historia de Galicia, que potencie actitudes de solidariedade, compromiso coas normas que regulan o ordenamento constitucional e o marco estatuario, e a participación en prol dunha convivencia cidadá inclusiva, multicultural e sen discriminacións de xénero ou sociais.

•Seleccionar e analizar información procedente de diversas fontes aplicando as técnicas propias das ciencias sociais para explicar documentos escritos, imaxes, mapas e gráficos en diversos soportes, desenvolvendo a capacidade de interpretación crítica.

•Realizar investigacións de microescala no ámbito xeográfico e relacional de referencia do alumnado, manexando fontes persoais como a memoria oral, fotográfica e epistolar, a prensa e os arquivos locais e as tecnoloxías da información e da comunicación, para comprender as múltiples manifestacións dos fenómenos sociais e comparalos coas perspectivas interpretativas xerais.

•Localizar no tempo, no espazo e contextualizar os procesos, estruturas e acontecementos relevantes da historia de Galicia.

•Identificar os elementos que contribuíron a configurar os trazos da paisaxe, das formas de poboamento e da sociedade galega actual.

•Buscar, seleccionar e interpretar a información procedente de diversas fontes primarias e secundarias: textos, mapas, gráficos, imaxes, documentación familiar e persoal, prensa e arquivos locais, así como a fornecida polas tecnoloxías da información e da comunicación, para elaborar explicacións históricas rigorosas por escrito ou oralmente.

•Elaborar traballos sobre procesos e

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (7 Kb)  
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com