ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Clasicismo


Enviado por   •  4 de Abril de 2014  •  2.070 Palabras (9 Páginas)  •  223 Visitas

Página 1 de 9

O CLASICISMO

A transición cara ó clasicismo nas artes:

O Rococó, o estilo galante e o empfindsamer stil: Os termos rococó, galant e empfindsamkeit foron usados para referirse ós distintos estilos que floreceron dende as primeiras décadas do século XVIII (preclásicos). Rococó, motivos curtos profusamente repetidos e cunha abundacia esaxerada de adornos que destaca sobre unha harmonía sinxela; (Couperin). O Galant, enténdese polo moderno, civilizado, exquisito e elegante. O empfindsamkeit, "estilo sensible" ou "sentimental", xurdiu en Alemaña a mediados do século XVIII. Amosan unha énfase particular no aspecto emocional da música e están cheas de adornos.

Os compositores máis salientables que desenvolveron este estilo foron dous fillos de J.S Bach: Wilhelm Friedmann e Carl Philip Emanuel Bach.

Friedmann Bach foi un organista que andivo por varias cidades ata chegar a Berlín, onde morreu. Algunhas das súas composicióons teñen un espírito conservador e amosan unha certa liberdade da que fai uso para manifestar unha emoción moi persoal.

Emanuel Bach, estudou leis e despois trasladouse á corte do rei de Prusia, do Federico II, onde traballou como clavecinista. Escribiu varias series de sonatas nas que experimentou do xeito mais audaz a escritura do "novo estilo". O instrumento para o que escribirá a maior parte da súa producción será o clavicordio: capaz de crear matices dinámicos. Este explota a miudo o elemento "sorpresa": cambios bruscos na textura, na dinámica ou na harmonía, pausas expectantes, etc. A pesar disto, intentou manter os adornos dentro da descricción.

Características preclásicas: liña melódica acompañada, xorden experimentos para contruir unha nova linguaxe como o "baixo Alberti" (arcodes arpegiados na man izquierda acompañando a melodía na man dereita). Cae en desuso a polifonía contrapuntística, e da lugar á repetición dun motivo dentro da propia liña melódica. Os compositores centran todo o seu interese na liña melódica como fonte principal da expresividade musical, o que ten consecuencia no fraseo, que se organiza periodicamente en breves fragmentos pares. As frases son curtas e indemendentes. Outra xonsecuencia do abandonamento da polifonía e o adelgazamento da textura e a utilización do baixo continuo foi abandoándose progresivamente.

As formas musicais: durante o preclasicismo asístese á convivencia das fórmulas novas e das vellas nunha mestura de procedementos que darán paso a novas formas musicais como: Sonata a solo continuo, Sonata a trío ou Sonata a solo.

Características xerais do estilo clásico nas artes:

Contexto histórico-social e cultural: O s. XVIII é o da Ilustración, movemento cultural de carácter antropocéntrico e radicalmente racionalista. Os intelectuailistas defenderon como ideais políticos a igualdade de todos ante a lei, a liberdade espiritual e a tolerancia relixiosa. A evolución das ciencia desembocará na Revolución Industrial. E o sistema político que informou as monarquías europeas no XVIII foi o despotismo ilustrado; todo para o pobo, pero sen o pobo.

Música: os escritores, pintores e músicos "clásicos" non só querían enfundar as súas realizacións nunhas formas proporcionadas e claras, senón que tamén querían conmover e expresar a grandeza dos sentimentos humanos. A capacidade da música de expresalo procedía de dúas fontes: unha orixe na imitación da natureza, e a expresión do xenio do artista (ser superior, ser dotado dende o seu nacemento de capacidades que non se aprenden).

Características do clasicismo: abandonanse as formas predominates no Barroco e os procedementos que se sostiñan, como o baixo continuo e a harmonía complexa en aras dunha música proporcionada e periódica. A tonalidade, mediante esta, unha nota determinada funciona como eixe a partit da que as demais pivotan como subordinadas. A nota xerárquica recibe o nome de tónica. O centro tonal dunha obra non só vén definido pola tónica, senón polo acorde de tres sons que esta forma, e que se chama triada tónica (acorde perfecto). O temperamento, con este os compositores tratan de equilibrar as deistancias entre as notas. A modulación (cambio de tonalidade), os dous graos máis importantes da escala tonal: o primeiro grao que, se denomina tónica e o quinto, denominado dominante. A modulación consiste en constrír un fragmento dentro dunha peza composta nunha tonalidade concreta nunha segunda "tonalidade", que ten agora como tónica a dominante da tonalidade na que está composta. Na tonalidade Re maior, sendo pois esta nota a tónica, de seguido, compor un fragmento de certa entidade utilizando como base, ou tónica, a dominante Re: La, para, finalmente, volver á tónica principal e terminar a composión en Re maior. Os compositores do período clásico modulan entre: tónica e dominante (I-V), tónica e subdominante (I-IV) e relativo maior, se a composición está no relativo menor (Mi menor-Sol maior).

As formas instrumentais nos primeiros pasos do clasicismo: a música instrumental ten un desenvolvemento extraordinario debido a distintos factores; o pulo das sociedades privadas e do concero público. Xorden por todo Europa pequenas orquestras e ordanismos musicais ligados ás cidades, e xa non só ó mundo aristocrático. Así, a burguesía constituirá o público musical moderno que asiste ós conceros públicos, consume e demanda música fácil de tocar e de comprender.

A sonata: nacida no período precedente, presenta neste momento un esquema formal que, foi considerado pola posteridade como modélico. Este modelo ten unha forma tripartita: tres seccións, e bitemática, dous temas; as tres partes chámanse exposición, desenvolvemento e reexposición.

A exposición: presenta o rimeiro tema na tonalidade principal, xeralmente con gran viveza rítmica; despois modula, mediante unha ponte modulante, xeralmente cara á dominante ou cara ó relatico maior, se a sonata está composta nunha tonolidade da dominante. O segundo tema contrasta e tras os dous temas, ten lugar unha cadencia, tras a cal se pode producir unha repetición de exposición.

O desenvolvemento consiste nun traballo creativo no que teñen lugar as modulacións.

A reexposición vólvese presentar o primeiro tema na tonalidade da tóica, o segundo tema e a cadencia conclusica cambian a tonalidade e pasan a ser representados na tónica.

Normalmente, o modelo da sonata é o que dá lugar ó primeiro tempo.

A sinfonía: a escola máis destacada é a de Mannheim, á que acudiron músicos

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (13.6 Kb)  
Leer 8 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com