ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Aspectos Éticos De La Investigación Comercial


Enviado por   •  4 de Octubre de 2014  •  806 Palabras (4 Páginas)  •  266 Visitas

Página 1 de 4

Aspectos Éticos e Legais da Investigación Comercial



Investigación Comercial



A continuación presentarase unha serie de preguntas sobre a ética na investigación de mercados que imos intentar responder según os criterios do código internacional.

a) O entrevistador diríxese aos enquisados e infórmaos sobre o obxectivo do estudo, explicándolles que os seus datos persoais serán comunicados ao seu cliente (empresa farmacéutica) só baixo a súa autorización. É correcta a actuación do entrevistador?

RESPOSTA: A actuación é correcta xa que, coma dicta o código, o investigador encargarase de que non se revele a identidade dos entrevistados ao cliente salvo que, entre outras restriccións: O Entrevistado teña proporcionado o seu consentimento explícito para elo.

Neste caso o entrevistado deu a súa autorización e mentres que o seu uso non sexa con fins comerciais, o investigador terá feito unha boa actuación.

b) Se na mostra final son de interese tanto individuos maiores de idade coma nenos, debe seguir o entrevistador as mesmas pautas con ambos os dous grupos?, é correcto ter entrevistado a menores de idade?, e se non o é que medidas cre que debe

tomar para entrevistalos segundo o código ético de investigación.

RESPOSTA: O investigador seguirá diferentes pautas a hora de tratar con menores de idade e aínda que non hai ningún inconvinte de tratar con menores de idade, o investigador terá que obter a autorización dun proxenitor ou adulto responsable antes de realizar a entrevista.

c) Ao chegar ao bloque de datos persoais, un grupo de entrevistados decide deixar de cubrir o cuestionario xa que non está disposto a facilitar certa información, e algúns deles mesmo lle piden ao entrevistador a destrución do cuestionario. Ante esta situación, que debe facer o entrevistador?

RESPOSTA: Dentro dos dereitos do entrevistado atopamos que éste pode retirarse en calquera momento que o desexe (xa que a participación é voluntaria), que os seus datos persoais non sexan postos en disposición de terceiros e, sobre todo, borrar ou rectificar os datos incorrectos.

Por tanto o investigador debería destruír a información facilitada, se así o desexara o entrevistado.

.

d) Respecto á proba de mostras de produto, cabe sinalar que xunto cos produtos da empresa cliente se presentan os produtos de dúas empresas competidoras. En certa parte do cuestionario pídese aos entrevistados unha opinión comparativa entre eles; con iso, estase a incumprir algún artigo do código?

RESPOSTA: Non se está a incumplir ningún artigo do código ético, pois non se impide a realización

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (5.4 Kb)  
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com