ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Vicaría de Pastoral

cynthia005Trabajo24 de Mayo de 2012

737 Palabras (3 Páginas)607 Visitas

Página 1 de 3

Vicaría de Pastoral

Homenaxe a D. José Feijóo Álvarez, Párroco de Santa Lucía de Rairo

7 - X - 2010

Introducción:

D. José leva vinte e cinco anos de

párroco na comunidade de Santa Lucía de Rairo. Está a celebrar as súas

vodas de prata nesta parroquia. Pero

D. José leva 59 anos de sacerdocio na

diocese de Ourense, polo que xa cumpriu as súas vodas de ouro sacerdotais

e vai camiño das vodas de platino. É

“xusto e necesario” que os seus freigueses se acorden de el para facerlle unha

homenaxe. Despois de varias idas e

vidas, fun eu o encargado de presidir

esta celebración, que ben sei que lle correspondería ó Sr. Bispo, que, por razóns obvias da súa estadía en Vigo, non

pode acompañarnos neste día de festa e

de agradecemento. Pero, en comunicación comigo, pediume que fixese presente nesta celebración: a súa oración

ó Señor por D. José e o seu agradecemento máis profundo por tantos anos

de xenerosidade vivida a prol da nosa

diocese de Ourense.

¿Cómo argallar un esquema de homilía axeitado a esta circunstancia?

1. Domingo, día de Cristo Resucitado:

Os señores liturxistas non me perdoarían, se eu non fixese una primeira

e directa alusión ó día do Señor

1

. Por

iso, o domingo, día de Cristo resucitado, ca súa santificación na Santa Misa,

mesa da Palabra e mesa da Eucaristía,

será a nosa primeira referencia. Dá-

moslle grazas ó Señor por ser o día da

súa resurrección. Nese día vestímonos

de festa e, moi ledos, imos a igrexa toda

a familia. É a festa da comunidade, catamos xuntos e escoitamos a Palabra

de Deus, que nos recorda que o noso

Deus “non é un Deus de mortos, senón

un Deus de vivos; porque para el todos

están vivos” (Lc. 20, 27 – 38); esperamos “que Deus mesmo nos resucitará

un día” (Mac. 7, 1 – 2. 9-14). Comulgamos a Eucaristía para volver a casa,

fortalecidos e renovados, e para que o

Señor nos dea “a forza para toda clase

de palabras e obras boas” (Tes. 2, 16 –

3, 5). Non podemos esquecer que no

día de hoxe, domingo, segue connosco

en España o Papa, Bieito XVI (onte

en Compostela e hoxe en Barcelona),

que vén a confirmarnos na fe, a darnos

ánimo para que camiñemos como peregrinos en busca da Xerusalén celestial

e para que fagamos presente a Deus en

España e nos pobos de Europa, “pois

non podemos seguir vivindo a escuras

sen a luz do Sol”

2

. 1146 · Boletín Oficial · NOVIEMBRE 2010

Iglesia Diocesana

2. Mesa da Palabra e Mesa de

Eucaristía:

En segundo lugar, recordándolle a

D. José a súa ordenación sacerdotal,

quero subliñar tres ideas, que marcarían o exercicio do seu ministerio sacerdotal: o anuncio do Evanxeo, a santificación do pobo de Deus e a acción

caritativo e social no compromiso cos

máis pobres e necesitados das súas respectivas comunidades parroquiais.

“Ide e ensinade a tódalas xentes”

3

,

dinos Xesús: “Transmite a todos a Palabra de Deus que ti tes recibido con

alegría. E ó meditar na lei do Señor,

procura cre-lo que les, ensina-lo que cres

e practicar o que ensinas”

4

. ¡Con canto

cariño D. José prepara as súas homilías, buscando sempre o ben espiritual

das súas xentes! No día do Señor, nas

festas dos patróns, na administración

dos sacramentos, especialmente nos

bautizos, nas primeiras

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (4 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com