ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Andorra


Enviado por   •  14 de Agosto de 2015  •  Ensayos  •  408 Palabras (2 Páginas)  •  154 Visitas

Página 1 de 2

Excursion  a andorra:

LUÍS NÚÑEZ 2ºB

- Eu estaba no baño e ía ducharme. Os meus compañeiros César, Iván e Jorge marcharon de compras e eu díxenlles que me quedaba un pouco máis. Enchín a bañeira de auga e boteille un bote enteiro de xabón. Estábase tan ben que quedei a durmir. De alí a dúas horas volveron e... encontráronme a durmir na bañeira! Estaba a mar de ben ;)

[pic 1]

CLAUDIA FERNÁNDEZ 2ºC

- Era xoves pola noite e xa acabáramos de cear. Antes de durmir sempre iamos aos demais cuartos dar unha volta. Cando xa era hora de deitarse, regresei ao meu. Mirei para a miña cama e faltáballe o colchón. Chegaron as miñas compañeiras, pregunteilles que pasara e botáronse a rir. A verdade é que a min nese momento non me fixo moita gracia. Logo dixéronme que Luís o tiña. Funllo pedir pero el non sabía nada... Cando volvín outra vez ao meu cuarto dixéronme que en realidade, o colchón non saíra de alí... Abriron a cortina e ... alí estaba!

[pic 2]

JÉSSICA BLANCO 2ºB

- Os primeiros días custoume un pouco poñerme de pé na neve cando o teleférico me deixaba. O xoves ía eu toda tranquila e confiada en que non podía caerme, cando un pouco antes de levantarme do teleférico deume por poñer os esquís cara a abaixo. Entón, un esquí cravóuseme na neve e quedoume colgando mentres o teleférico seguía andando. Un pouco máis adiante cravóuseme o outro esquí e caín. Tiveron que parar teleférico para poderme levantar. A verdade é que non me fixen moito dano pero vergoña... vergoña si que pasei!

[pic 3]

MARTA G. VAQUEIRO 2ºA

- Era día de compras e fomos polas tendas de Andorra. Había moitos pasos de peóns con semáforos que, cando estaban en vermello, púñanche os segundos que había que esperar. Estabamos as miñas amigas e mais eu esperando para cruzar, e canto faltaba un minuto, toda a xente que estaba esperando comezou a cruzar porque non pasaban coches. Pois nós cruzamos tamén. De súpeto, para a nosa desgracia apareceron os profes. Ao vernos, puxéronnos un castigo. Ao acabar de cear fomos a xunta deles para saber cal era o noso castigo. O único que nos fixeron foron preguntas. Fernando preguntou cales eran os seus alcumes. Nós dixémoslle que o de Juan Carlos era Curi, Xesus o non tiña e o del era Mortadelo. Ao escoitar o de Mortadelo, Fernando, serio, dixo: “Castigados!” E botouse a rir

[pic 4]

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2.4 Kb)   pdf (374.9 Kb)   docx (276.8 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com