ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Las Vacas


Enviado por   •  11 de Marzo de 2014  •  379 Palabras (2 Páginas)  •  223 Visitas

Página 1 de 2

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén e animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino[2]A orixe etimolóxica da palabra vaca non está clara e as hipóteses difiren moito segundo os autores. Para Roque Barcia, vaca vén da voz sánscrita vapati, que significa muxir, e que no sánscrito clásico pasaría a vapati, xa co significado actual. A voz latina uacca proviría desa raíz sánscrita, co mesmo significado tamén. Outra hipótese supón para a voz latina unha orixe na onomatopeica bacca, que daría lugar tamén a bos, dando orixe ó seu heterónimo actual, boi. Para outros a voz latina tería a súa raíz na voz hebrea vaca ou bacar, un substantivo epiceno que significa o mesmo boi que vaca.Parece probable que a vaca europea proceda da vaca salvaxe Bovidae primigenius (Bos primigenius) domesticada hai uns 8.500 anos no sueste de Europa. Era pouco común criar gado para alimentación. Comíanse apenas se morresen ou non fosen máis útiles para carga ou para fornecer leite. Ao contrario da cabra, tamén servía como animal de carga, mais precisaba de pastos maiores.

Carl von Linné identificou tres especies distintas: Bos taurus, ou gando europeo, que inclúe tipos semellantes de África e Asia; Bos indicus, ou cebú, de orixe asiática; e o Bos primigenius ou uros. Máis recentemente, estas especies agrupáronse nunha única, Bos primigenius taurus, Bos primigenius indicus e Bos primigenius primigenius. Existen numerosos híbridos e mesmo razas híbridas, cos que se tenta combinar a produtividade do gado taurino coa rusticidade e adaptabilidade a medios tropicais do gado cebú.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (2 Kb)
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com