ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Fauna Ibérica en Peligro de Extinción


Enviado por   •  17 de Enero de 2017  •  Trabajos  •  1.691 Palabras (7 Páginas)  •  238 Visitas

Página 1 de 7

SETEMBRO 2006, OPCIÓN 2

Os seguintes documentos permítennos realizar unha composición de texto histórica sobre a ditadura de Miguel Primo de Rivera (1923-1930).

A partir de 1917 a inestabilidade política e social foi en aumento, manifestándose en: debilidade de gobernos, o fraccionamento dos partidos dinásticos e as tensións  entre os líderes dificultaba  a formación e duración dos gobernos; aumento da conflitividade social; aumento da propaganda e das actividades republicanas e o incremento da actividade dos movementos rexionalistas e nacionalistas, tanto en Cataluña  (Liga Rexionalista) como nas provincias vascas (Partido Nacional Vasco)  e Galicia (Irmandades da Fala).

En 1912 os gobernos de España e Francia delimitaron a zona de influencia no norte de Marrocos e crearon o protectorado. Na  zona do Rif as tropas españolas avanzaban  con dificultade  ante a resistencia da poboación e as dificultades do terreo. Ademais o exército creou corpos  específicos para  a loita ; a Lexión (1920) e os Regulares (con soldados recrutados entre os mouros). En 1921 as cabilas rifeñas , ó mando de Abd el-Krim, atacaron as posicións do exército español obrigándolles a retirarse, parecendo a maioría dos seus soldados en Annual .En poucos días os rifeños fixéronse co control da zona e proclamaron  a independencia da República do Rif.                                                                                                                                     O desastre  de Annual  provocou un forte impacto  na opinión pública  española e acentuou a impopularidade da guerra e do exército .  Ante a esixencia de depurar responsabilidades, abriuse unha investigación sobre o comportamento dos militares (Expediente Picasso). Difúndese a sospeita de que detrás da acción do xeral Silvestre atopábase a Coroa o que xerou máis oposición á Monarquía.

 Esta imposición dun goberno ditatorial non foi un feito illado no contexto europeo , en moitos países as dificultades económicas propiciaron a abolición das liberdades individuais e do sistema liberal e a súa substituíron por gobernos militares fascistas.

Preséntase un cúmulo de problemas  no cal o réxime tiña unicamente dúas posibilidades para sobrevivir: democratizarse (alterando as bases socio-políticas) ou impor unha solución  de forza encabezada por un cirurxián de ferro que puxese remedio aos males de España. A incapacidade do réxime de transformarse favoreceu en 1923 a imposición dunha ditadura militar por mans de Miguel Primo de Rivera  en Barcelona (Doc.1) que contou cunha ampla aceptación popular e do monarca Alfonso XIII. Unicamente o Partido Comunista e a CNT mantiveron unha total oposición á ditadura.                                                                                            O réxime sostíñase nunha base ideolóxica católica e conservadora, matizado pola mentalidade e principios militares de orde e autoridade e fortemente influenciado por Mussolini e o fascismo italiano e a estabilidade económica americana, os felices anos 20; momento de auxe comercial e de desenvolvemento de novos sectores  de produción (químico, siderúrxico, alimentación e automoción). Así pois, establécese un Goberno esencialmente autoritario, populista e excesivamente optimista.

Nun contexto de entre guerras no que se produce un auxe dos totalitarismos e a defensa dos réximes liberais e parlamentarios, Primo de Rivera creo o que sería coñecido como a primeira fase deste período, o Directorio Militar (1923-1925), formado integramente por militares, que gobernarían mediante decreto, prestouse real atención:  na rexeneración da vida política co obxectivo de acabar co caciquismo para o que se  derrogou a Constitución de 1876, destitución das autoridades vixentes, creación de delegados gobernativos, reforma da normativa electoral, elaboración de novos estatutos municipais (1924) e provinciais (1925) pola man do ministro Calvo Sotelo e a formación da Unión Patriótica; restablecemento da orde pública controlando o movemento obreiro coa restrición das liberdades públicas(prohibición do dereito de asociación, e persecución das organizacións obreiras vinculadas coa CNT e a PCE), para unha maior efectividade créase  o Somatén, organización cuxa finalidade era colaborar coa Garda Civil no mantemento da orde;  potenciación de símbolos nacionalistas españois xunto coa prohibición de manifestacións culturais vascas e catalanas; finalmente,  a vitoria na Guerra de Marrocos que lle fixo gañar os apoios necesarios para que o réxime permanecese no poder.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (8.6 Kb)   pdf (40.4 Kb)   docx (13 Kb)  
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com