ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Nomes vulgares: lagarta rayada, lobito e eiruga de librea.


Enviado por   •  29 de Noviembre de 2016  •  Informes  •  816 Palabras (4 Páginas)  •  205 Visitas

Página 1 de 4

Malacosoma neustria

Nomes vulgares: lagarta rayada, lobito e eiruga de librea.

Lepidóptero da familia Lasiocampidae.

Os ovos permanecen ata finais de marzo ou abril sen dar saida á eiruga que ten no seu interior, de abril á finais de maio, a larva desenrrola a súa labor destructora, defoliando as plantas sobre as que se establece. 

Ó principio as eirugas son gregarias, agrupándose en bolsóns sedosos ou tenues formando colonias ata a cuarta idade, cando se volven solitarias e desenrrolan gran actividade e voracidade.

Imago

A tonalidade xeral é dunha cor canela clara, atravesadas as súas ás anteriores por duas líñas brancas finas transversales, que limitan unha ancha de cor canela máis escura. O macho ten unha envergadura de 24 a 30 milímetros, e a femia de 35 a 40 milímetros.

Danos 

O danos son producidos no estado de eiruga, e consisten na defoliación das árbores sobre as que se establece. Come as follas tenrras, respetando os novos talos e a flor femenina, co que permite certa fructificación.

Posta

O insecto perfecto realiza a posta entre os meses de maio e xuño, según rexións.

 A posta deste lepidóptero é característica, está situada sobre ramillas de diámetro non superior ós 4 milímetros, alrededor dos cales, en forma helicoidal, son colocados os ovos formando un paquete compacto, unido por unha especie de aglutinante que a femia segrega. Cada unha destas postas chega a conter un número variable de ovos, que oscila entre 70 e 130. 

Eiruga

A eiruga chega a medir uns 50 milímetros, o seu aspecto é inconfundible polo que respecta a súa coloración. Ó longo do dorso atópanse raias, unha raia branca central, tendo a cada un dos seus lados raias paralelas de cor negra (fina), vermella anaranxada, negra (algo máis grosa que a anterior), vermella anaranxada (fina), azul (ancha), naranxa, e por último, azul (mal definida), que se confunde co resto da parte ventral. 

É característico que cando unha destas colonias se sinte inquieta por unha causa externa, as eirugas  descólganse rápidamente ata o chan. Estas eirugas novamente inician un percorrido ascendente polo tronco da árbore pasado o momento de excitación. 

Crisálida.

A eiruga encérrase para crisalidar nun capullo texido con fios sedosos, de cor amarelento ó principio e blanco-grisáceo posteriormente. No seu interior atópase a crisálida, de cor marrón escuro, que chega a medir uns 35 milímetros.

A crisalidación realízase nas ramillas, aglomerando con fios sedosos ramillas finas e follas, o cal sucede no mes de maio e a comezo de xuño nas rexións máis frías. Pouco máis de tres semanas despois nace a mariposa, que inicia novamente o ciclo.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (5 Kb)   pdf (94.7 Kb)   docx (10 Kb)  
Leer 3 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com