ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Tarea 3 Primeros Auxilios


Enviado por   •  31 de Marzo de 2019  •  Tareas  •  450 Palabras (2 Páginas)  •  212 Visitas

Página 1 de 2

TAREA 3.1 PARA A UD03

1. ESQUEMA DE ACTUACIÓN ADECUADA EN CASO DE HEMORRAXIA EXTERNA SEN TRAUMATISMO, no caso exposto.

I. Valoramos o estado da vítima e gravidade da hemorraxia, xa que o tratarse dun neno hai máis risco de choque hipovolémico, os síntomas son:

- Confusión ou diminución da lucidez mental

- Suor fría

- Palidez e beizos azulados extremidades pálidas e frías

- Pulso débil e acelerado

- Recheo capilar lento

- Sensación de sede

- Presión arterial baixa

- Respiración rápida e superficial

II. Procuramos que o neno se sente ou se deite xa que está perdendo sangue.

III. Mantemos a neno quente (o cubrimos cunha manta).

IV. Aplicamos as técnicas de hemostasia:

- Aplicamos presión directa con gasas limpas sobre a ferida do neno sen retiralas, aínda que se enchoupen, nese caso colocaremos máis gasas encima.

- Elevamos a perna do neno mentres seguimos presionando a hemorraxia, en caso de que no se sospeite que teña una fractura ou lesión de columna.

No caso de que as dúas técnicas anteriores non foran efectivas debemos actuar sobre o fluxo sanguíneo:

- A ferida se encontra na perna, a presión faise sobre a ingua, sobre a arteria femoral, e comprímese co puño ou co canto da man.

- En caso de que os servizos de emerxencia tardaran podríamos facer un torniquete, pero non é recomendable, xa que poden aparecer complicacións como a gangrena e amputación cirúrxica do membro.

Esperamos a chegada dos servizos de emerxencia sen deixar de presionar, e observamos o estado do neno, xa que a perda de sangue pode producir un choque hipovolémico.

2. ESQUEMA DE ACTUACIÓN PARA UN ACCIDENTE ELÉCTRICO, no caso exposto.

a) Protocolo de actuación en electrocución.

O primeiro liberar a vítima da corrente eléctrica.

No caso exposto teríamos que desenchufar o calefactor para cortar a corrente do aparato, se non fora posible teríamos que desconectar o interruptor principal.

Se nos fose imposible desconectar a corrente buscaríamos un obxecto de material illante como

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2.7 Kb)   pdf (30.9 Kb)   docx (8.4 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com