Filosofía moral
x.a.kin19 de Junio de 2012
507 Palabras (3 Páginas)492 Visitas
filosofía moral
1. As teorías éticas.
Unha teoría ética é un intento de comprendere xustificar a conducta e os códigos morais do ser humano; é decir, formúlanse diferentes preguntas relativas aos principios, valores e normas morais.
Clasificación das teorías éticas:
Éticas da felicidade parten da existencia dun fin principal. Os actos humanos son bos cando favorecen a consecución dese fin e son malos cando nos apartan de conseguilo. A felicidade pódese entender así:
• As éticas hedonistas poñen este fin no pracer.
• As éticas eudemonistas poñen este fin na felicidade entendida como autorrealización.
Éticas da xustiza: son as que defenden a absoluta autonomía ética das persoas: estas deben comportarse de acordo cos ditados da súa propia conciencia mroal e as súas leis.
2. Éticas da felicidade.
2.1 Éticas hedonistas.
(Epicuro de Samos, Jeremy Bentham e John Stuart Mill).
• Epicuro de Samos.
Todos os seres humanos buscan o pracer, en consecuencia, o pracer é bo e a dor é mala.
Distingue entre os praceres do corpo e os da alma. Pero os auténticos praceres son os da alma (intelectuais).
“Ausencia de dor no corpo e de turbación na alma”.
• Jeremy Bentham.
A natureza colocou aos seres humanos baixo o imperio do pracer e da dor. Non existe ningún ben superior ao pracer e todo problema consiste en incrementar o pracer e diminuír a dor. Propón unha especie de cálculo consistente en realizar a relación entre os praceres e as dores. A auténtica virtude consiste en calcular correctamente a relación entre os praceres e as dores.
Segundo Bentham, non abonda con se preocupar polo pracer e a felicidade propios, senón que debemos buscar a maior felicidade posible para o maior número de persoas.
• O utilitarismo de John Stuart Mill.
Mill atende ademais de á intensidade do pracer, á súa calidade, subliñando a superioridade dos praceres intelectuais e os morais respecto dos materiais. De acordo cos seus principios altruístas, intenta facer compatible os intereses propios cos da sociedade.
2.2 Éticas eudemonistas.
(Aristóteles e Tomé de Aquino).
• Aristóteles.
Analiza as facultades humanas, é dicir, a natureza humana. Os seres humanos posúen diferentes facultades das cales unhas son comúns a outras especies e outras son exclusivas da natureza humana.
As facultades propias son o entendemento e a vontade, polo tanto, a consecución da auténtica felicidade dependerá do exercicio correcto delas. Así, a auténtica felicidade humana consiste na contemplación da orde e a beleza do Cosmos e da auténtica realidade das cousas. Só os auténticamente sabios poden ser felices.
• Tomé de Aquino.
O consecución da felicidade atópase ao alcance de todas as persoas. Ademais, aténdese ao cumprimento dos nosos deberes.
Sabemos cales son os noso deberes se descubrimos as esixencias da lei natural. Esta lei é universal, inmutable e evidente; é unha e auténtica para todas as persoas e pode ser coñecida mediante o sentido común.
A consecución da nosa felicidade dependerá de que ordenemos a nosa conduta conforme ás esixencias desta lei. A ética tomista deixa o plano natural para internarse no ámbito do sobrenatural cando afirma qeu a auténtica felicidade das persoas só pode ser outorgada por Deus e consiste na contemplación da propia divindade.
...