O Sol Do Veran
tami.cp15 de Junio de 2014
671 Palabras (3 Páginas)998 Visitas
O SOL DO VERAN
O argumento desta obra xira entorno a morte e o amor; a repentina morte de Carlos , que se suicida ao día seguinte de confesar , despois de tantos anos , o seu amor pola protagonista, Helena (periquita) .
A obra ten varios personaxes , pero destacan como protagonistas:
Helena que conta a historia dende o momento que morre Carlos e comparte todas as lembranzas dos veráns que pasaran xuntos dende que eran nenos. Entre eles foi crecendo un profundo amor , que non se demostran ata a noite antes da morte de Carlos, o outro protagonista e que so aparece nas lembranzas de Helena.
Outras personaxes importantes son o pai de Carlos, Leopoldo e a nai de Helena Carmela. Ao final da obra sabemos da súa historia de amor cando eran novos prohibida pola avoa Rafaela , a nai de Carmela. En certo modo , Helena e Carlos repiten esa historia.
Outros personaxes que aparecen na historia aínda que non contan con tanto protagonismo son os criados – Anselmo, Susa e Delfina – a tía Mercedes ou Arturo ( o marido de Helena) e grazas a moitos dos datos que conta Helena , a narradora, podemos coñecer a psicoloxía de cada un deles , os seus costumes, relacións.
En canto os temas presentes na obra , destaca sobre todo o amor. O autor transmite un tenro amor entre dous rapaces , que dende pequenos estiveron xuntos , que xogaban a moitas cousas xuntos, un amor que vai crecendo co paso dos anos, un amor silencioso e prohibido. Tamén o amor como amizade , un sentimento moi forte que non todos conseguen descubrir , e que Helena pensaba que iso era o que sentía.
Tratase igualmente o tema da morte, do suicidio de Carlos. Helena desde ese momento pretende encontrar o motivo ou motivos que levaron a Carlos a rematar con todo e a desfacer e romper todo o seu mundo , o bonito mundo que crearan eles dous despois de todo o que viviran xuntos. Tamén se pode destacar como tema a ideoloxía do momento, sobre os anos 60: o pai de Helena era moi relixioso e pretendía que toda a familia o fose, ou cando tía Mercedes lle dicía a Carmela que non parecía unha muller da época porque fumaba, xogaba cos rapaces.
A historia esta contada por un narrador en primeira persoa , un narrador protagonista principal que é Helena. Hai varias intervencións en forma de dialogo que reproduce a narradora cando recorda o pasado.
En canto o tempo a obra transcorre dende a morte de Carlos ata dez días despois do enterro, e nese tempo real a obra esta che de saltos cara atrás , lembranzas daquel pasado tan marabilloso dos dous rapaces , que lle van dando sentido a obra e a comprender os motivos que puideron levar a ese dramático desenlace.
O espazo que aparece na obra e principalmente a casa de Beiro, o carpazal e arredores desta onde pasaban todos os veráns Carlos e Helena . Nestes lugares sitúanse practicamente todos os recordos , tamén o presente de toda a obra , xa que era o lugar onde residían Helena e Arturo (o seu marido) e onde se produce o suicidio de Carlos. Aparecen outros lugares como son o colexio maior de Helena, a casa de Bóveda, a praia na que estiveran xuntos cando Carlos a levou en moto , a estrada pola que circulaban cara a cidade , Ourense , o lugar onde estiveron no coche a noite antes da morte de Carlos. Tamén se nomean outros espazos xeográficos como son Madrid,Londres ou París.
Hai moitas descricións o longo da obra , xa que se describen perfectamente tanto as personaxes como os espazos. Helena conta tamén moitos detalles da súa infancia con Carlos para que nos familiaricemos cos personaxes, detalles que apenas teñen relevancia na obra , pero seren para que entendamos a gran relación entre eles: a cabana a que Carlos lle chamaba wigwan , o alcume de Periquita que lle puxera Carlos a Helena
...