ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Las versiones de Blackmail, de Alfred Hitchcock


Enviado por   •  30 de Abril de 2016  •  Trabajos  •  349 Palabras (2 Páginas)  •  248 Visitas

Página 1 de 2

Mauro Borrazás Canzobre.                      Montaxe Cinematográfica.                                  3º CAV.

“Blackmail” de Alfred Hitchcock.

O paso do cine silente ao cine sonoro supuxo un cambio radical para os cineastas, non soamente tecnolóxico, senón que tamén estilístico e formal. Moitos directores de primeiro nivel non foron capaces de adaptar seu cine ao sonido, exemplos de isto poderían ser Charles Chaplin ou Erich Von Stroheim. Sen embargo ao mesmo tempo outros directores que xa comezaran súa carreira no cine mudo adaptáronse perfectamente á chegada do sonoro e foron capaces de comprender que este cine precisaba dunha nova linguaxe. O caso de Alfred Hitchcock é un exemplo moi claro.

Blackmail foi o primeiro filme (maiormente) sonoro de Alfred Hitchcock, do cal realizou tamén unha versión muda na que resolvía certas secuencias de un xeito diferente á versión sonora demostrando así que era totalmente consciente de que o cine silente non funciona igual que o cine sonoro. En concreto na secuencia do coitelo Hitchcock plantexa dous enfoques completamente diferentes en cada versión. Na secuencia muda amósase ao espectador a tensión, o medo e o sentimento de culpa que sinte a muller por medio da imaxe. Vemos varios planos da man acercándose ao coitelo do pan lentamente e xusto cando o colle,  un plano que amosa cómo se abre a porta do local xustifica o susto da muller que deixa caer o coitelo ao chan. Na versión sonora Hitchcock nos amosa todo o que se pasa pola cabeza da muller empregando o son en lugar da imaxe. Opta por un recurso bastante curioso consistente en facer todo o diálogo intelixible agás a palabra “knife”, unha técnica que podería chegar a ser considerada unha especie de “expresionismo sonoro” e que sirve perfectamente para amosar a influencia que os cineastas expresionistas alemáns tiveron no cine de Hitchcock.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2 Kb)   pdf (68 Kb)   docx (295 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com