ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

INTRODUCCION A VIOLENCIA DE XENERO

MEIQUINTELA9 de Abril de 2014

5.662 Palabras (23 Páginas)173 Visitas

Página 1 de 23

CURSO DE VOLUNTARIADO PARA APOIO E ACOMPAÑAMENTO ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO

MÓDULO 1: MARCO CONTEXTUAL E CONCEPTUAL DE REFERENCIA

2

TEMA 1: O SISTEMA SEXO–XÉNERO. O PROCESO DE

SOCIALIZACIÓN, BASE DA DESIGUALDADE ENTRE

MULLERES E HOMES

Concepto de sexo e xénero.

Todas as persoas nacemos cun sexo determinado, é dicir, nacemos sendo mulleres ou homes.

En función diso, trátasenos de xeito distinto na sociedade e, pola súa vez, a sociedade espera

que actuemos de forma diferente segundo sexamos mulleres ou homes, isto é, que teñamos

condutas consideradas como “femininas” ou “masculinas”. Eses comportamentos que se

consideran propios de cada sexo adquirímolos ou aprendémolos da nosa sociedade, non

nacemos con eles. Isto fai preciso diferenciar entre dous conceptos básicos para a comprensión

dos contidos deste curso: o sexo e o xénero.

O sexo é a determinación biolóxica que ten cada persoa segundo sexa home ou muller. Fai

referencia exclusivamente ás diferenzas biolóxicas (órganos xenitais e reprodutivos) que se dan

entre homes e mulleres, polo tanto naturais, conxénitas e non modificables. O sexo diferenza

en calquera especie animal a machos e femias e, no caso das persoas, a homes e mulleres.

O xénero fai referencia aos comportamentos e ás características sociais, culturais, económicas

e psicolóxicas que cada sociedade asigna a cada un dos sexos. O xénero é o que condiciona o

noso comportamento, as nosas ideas e vivencias segundo sexamos homes ou mulleres, ao

adxudicarnos uns roles e estereotipos diferentes. O xénero é o que explica que as

desigualdades entre mulleres e homes non son naturais senón que se constrúen socialmente,

varían segundo as culturas e o momento histórico e, polo tanto, podemos modificalas. Pode

dicirse que o xénero é o sexo socialmente construído. NON é sinónimo de muller.

ASPECTOS DIFERENCIAIS

SEXO XÉNERO

Diferenzas sexuais físicas. Diferenzas sociais por ser homes ou mulleres.

Son xenéticas. Son aprendidas.

Invariable ou basicamente non modificable. Pode cambiarse.

Determinado pola natureza. Determinado pola sociedade. Aprendido

socialmente

Mulleres:

Posúen determinados

atributos sexuais.

Teñen capacidade de

xestar e aleitar.

Homes:

Posúen outros

atributos sexuais Non

teñen capacidade de

xestar e aleitar.

Exemplos:

Asignación diferenciada de roles.

Distintos estereotipos de xénero atribuídos.

Vestidos e ornamentos diferentes.

Distribución non homoxénea nas distintas

profesións.

3

Estereotipos e roles de xénero.

O conxunto de cualidades e características psicolóxicas e físicas que unha sociedade asigna a homes e a mulleres, constitúe o que se denominan estereotipos de xénero. Fan referencia a unha serie de ideas impostas —simplificadas, pero fortemente asumidas— sobre as características, actitudes e aptitudes das mulleres e dos homes, que se fan “verdades indiscutibles a forza de repetirse”. Os estereotipos estipulan de maneira ríxida non só o que debe ser un home e unha muller, senón que tamén apuntan como deben comportarse para cumprir coas expectativas de rol que se ten para cada un dos sexos: son o que se chaman atribucións de xénero. Para reflexionar: Emilia Pardo Bazán, en referencia á educación das mulleres no seu tempo, escribiu: “A educación da muller non pode chamarse tal educación, senón doma, pois ten como fin a obediencia, a pasividade e a submisión”.

No seguinte cadro inclúense a modo de exemplos algúns dos estereotipos que conforman unha falsa realidade, que hai que evitar reproducir: Segundo as ideas estereotipadas … a muller é … o home é … Fantasiosa Realista Dependente Independente Cooperativa Competitivo Prudente Arriscado Tenra Agresivo Submisa Dominante Intuitiva Racional Pasiva Dinámico Medorenta Valente Subxectiva Obxectivo Insegura Seguro Débil Forte

Os estereotipos condicionan as vidas das persoas e non só se producen en referencia ao xénero, senón tamén en relación á etnia, á nacionalidade, á relixión, ou a certos colectivos. Para reflexionar: Trata de completar as seguintes frases e verás ata que punto temos interiorizado os estereotipos nas nosas mentes. Lembra que os estereotipos son falsos e inxustos.

4

Todas as xitanas son … Todos os musulmáns son … Todas as mulleres conducen … Todas as colombianas son … Todos os homes pensan en … Todas as persoas galegas son … Todas as persoas andaluzas son …

O papel que unha persoa representa nos diferentes espazos da súa vida é o que se coñece como rol (rol de esposo, rol de nai...). Os roles de xénero están directamente relacionados co reparto de tarefas entre mulleres e homes. Así, por exemplo:

 Ás mulleres asígnanselles uns roles vinculados co desenvolvemento de tarefas no ámbito doméstico, relacionadas co coidado do fogar e co coidado de persoas no contorno familiar. O rol feminino tradicional, pois, establece que a muller sexa nai, esposa e coidadora das demais persoas.

 Aos homes asígnanselles uns roles relacionados co ámbito público: co emprego e coa participación nos órganos de toma de decisións, e que afectan ao conxunto da sociedade. O rol masculino tradicional asóciase, así, ás tarefas que teñen que ver co produtivo, co mantemento e co sustento económico.

Cales son as consecuencias destes roles de xénero? Pois, por exemplo, que o coidado de menores e de persoas en situación de dependencia sexa máis atribuído ás mulleres que aos homes. Ou que se espere dos homes unha maior ambición profesional. Temos que ter en conta, e isto é moi importante, que estes roles condicionan as vidas tanto dos homes coma das mulleres, impedíndonos desenvolvernos de forma completa.

Nos últimos anos asistimos a importantes cambios sociais. Por unha banda, a participación imparable das mulleres no mercado de traballo e a súa crecente presenza en todos os ámbitos do público. É certo que se manteñen importantes atrancos que é preciso erradicar, pero non o é menos que se deron importantes avances neste sentido. No obstante, por outra banda, o camiño inverso (é dicir, o que leva aos homes a participar cada vez máis no ámbito do doméstico e do coidado) se está a transitar de xeito moito máis lento, se ben é certo que nos últimos anos vemos tamén certos cambios nos roles dos homes neste sentido, xerándose o que se deu en chamar “novas masculinidades”. Unha das consecuencias destes cambios é a chamada “dobre xornada” das mulleres, que se produce precisamente polo seu acceso ao mercado laboral sen que os homes asumiran aínda en igualdade as tarefas domésticas e de coidado.

5

Concluíndo, os estereotipos e roles de xénero fan que as expectativas de futuro das persoas se vexan determinadas polos modelos que nos impoñen e non polo que seriamos capaces ou moitas veces desexariamos. Tomando como exemplo, a elección de estudos ocorre que segue sendo menos frecuente que unha moza opte por unha enxeñería, porque existe a idea xeneralizada, mais errónea, de que son os mozos os que están máis capacitados para estas materias; deste xeito atopamos que nas profesións deste sector hai maioría de homes, mentres que as mozas optan maioritariamente por estudos relacionados coas ciencias sociais, ciencias da saúde e humanidades, nas que hai un claro predominio feminino (como se pode observar nas estatísticas do Sistema Universitario de Galicia, por exemplo). Lembra: Ao longo da historia da humanidade, a partir dunha serie de diferenzas biolóxicas (as diferenzas sexuais) construímos de forma inxusta nas nosas sociedades unha serie de desigualdades sociais (as diferenzas de xénero), co resultado de que as mulleres son as máis desfavorecidas, xa que, polo xeral, se lle concede un valor máis alto ao que tradicionalmente “debe facer” un home que ao que “debe facer” unha muller. Socialización de xénero

As características atribuídas a cada sexo poden modificarse, posto que, de feito, cambian dunhas culturas a outras e dunhas épocas a outras. Son, pois, unha construción social; non xorden en nós espontaneamente, senón que aprendemos a “ser home” ou a “ser muller” a través dun intenso proceso, chamado de socialización, que consiste en ir asumindo como propias as normas, actitudes, crenzas, valores e comportamentos da nosa sociedade; é dicir, un proceso no que as persoas asimilan e fan seus os elementos culturais e sociais que favorecen e garanten a adaptación e integración na sociedade.

A través dos xogos e xoguetes, dos contos e actividades, da linguaxe (coa ocultación do feminino e a omnipresenza masculina que todo o abrangue) … nenos e nenas van aprendendo a comportarse, a pensar e a sentir segundo o papel que a sociedade espera que desempeñen.

6

Quere isto dicir que a socialización comeza desde o noso nacemento co trato diferenciado que se dá a nenos e nenas, e vaise consolidando ao longo da nosa vida. Para reflexionar: Podes facer varias experiencias: 1. Observa nun parque os comportamentos e xogos de nenos e nenas. 2. Colle, se podes, un catálogo de xoguetes e analiza as cores, como está deseñado e a quen se dirixe cada tipo de xoguete. 3. Compara o que observas no parque e nos catálogos coa división de tarefas e de funcións de home e de mulleres adultas, así coma con profesións masculinizadas e feminizadas..

A aprendizaxe froito da

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (37 Kb)
Leer 22 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com