Memoria do campamento xuvenil “AS SINAS”
stefenix8 de Octubre de 2012
2.344 Palabras (10 Páginas)853 Visitas
Memoria do campamento xuvenil
“AS SINAS”
“Actividades do mar”
Stefanie Temprano Díaz
DATOS DO CAMPAMENTO:
DENOMINACIÓN DO CAMPAMENTO:
“Campamento As Sinas”
LUGAR DO CAMPAMENTO:
ALBERGUE XUVENIL AS SINAS
Avda. Das Sinas, s/n 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra
FECHAS DO CAMPAMENTO:
2- 15 de Agosto do 20012
PARTICIPANTES DO CAMPAMENTO:
120 participantes.
PERFIL DOS PARTICIPANTES:
Nenas e nenos entre 12 e 15 anos de idad.
ESPECIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES:
“ACTIVIDADES DO MAR”
Neste campamento as actividades fundamentais das que gozarán os e as participantes serán: introducción nos deportes de vela, tabla y mergullerse; coñecemento práctico da natureza mariña; introducción ós talleres náuticos e ós talleres de bioloxía mariña. Ademáis de actividades varias de ocio e tempo libre.
Horario
8:30 ERGUERSE
9:00 ALMORZO
10:00 ACTIVIDADES DE MAÑÁN
14:00 XANTAR
15:00 ACTIVIDADES OPCIONAIS
16:00 ACTIVIDADES DE TARDE
20:00 DUCHAS
21:00 CEA
22:30 VELADA/OBRADOIRO
00:00 CONTO
00:30: SILENCIO
Obxectivos
Obxectivos xerais:
Fomentar os hábitos de vida saudable
Fomentar actitudes de solidariedade e convivencia
Ofertar as canles informativas axeitadas para fomentar a participación de que se incorpore ás actividades, como base dun sistema de relación xusto e respectuoso
Promover a educación e a equidades de xénero.
Promover situacións multiculturais
Fomentar o respecto pola identidade cultural galega
Respectar o medio
Situar criticamente á persoa fronte á realidade sociocultural na que se atopa, para que se cuestione sobre a calidade do seu estilo de vida e como inflúe no seu lecer e tempo libre.
Fomentar a expresión creativa individual como forma de recuperar o valor significativo e participativo da democracia cultural.
Promover marcos de encontro que sirvan para dinamizar as relacións interpersoais, desfrutar do ocio en sociedade e participar máis activamente na vida das comunidades.
Animar o tempo libre como un espazo suxestivo e beneficioso para a persoa, motivando a práctica de actividades, espertando aficións e animando a experiencia do lúdico e do festivo.
Obxectivos específicos:
Achegar aos participantes aos deportes náuticos de vela, kaiak e táboa
Coñecer a metodoloxía e respectar as medidas de seguridade dos deportes náuticos de vela, kaiak e táboa
Potenciar hábitos saudables de hixiene e nutrición
Fomentar actitudes de valoración e respecto cara o entorno físico e natural
Promover o exercicio físico como forma de vida saudable mediante actividades náuticas e de aire libre
Favorecer o compañeirismo e o respecto aos demais mediante o traballo en equipo
Axudar ó desenvolvemento da autonomía persoal.
Metodoloxía:
O campamento As Sinas favorece o achegamento dos participantes á natureza e ao mar mediante deportes náuticos e actividades de aire libre.
O grupo, formado por 120 rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 13 e os 15 anos, divídese en seis grupos de 20 persoas cada un para que a actividade teña a maior calidade posible.
Os monitores repártense nas actividades segundo sexan necesarios, e ademais cumpren coas responsabilidades diarias de:
FURGONETA:
Encargaranse de conducir a furgoneta e do seu coidado e mantemento.
MATERIAL:
Revisarán o material ao principio e farán inventario ao remate do campamento, coidarán de que o material non se malgaste e de que o armario de material estea ordeado.
TAREFAS DIARIAS:
MONITOR DE DIA:
• Será o encargado de poñer a música para espertar a todos.
• Fará que se cumpla o horario base na medida do posible.
• Dará os avisos pertinentes durante ese día.
ENCARGADOS DE COMEDOR:
• Estarán pendentes do grupo mentres esperan para entrar e terán conta de que se boten un pouco de todo.
• Axudarán a acomodar ós nenos e nenas nas mesas.
• Terán conta de que es diferentes alerxias teñas a súa comida específica.
• Fixaranse en que os participantes coman un pouco de todo.
• Recollerán e repartirán a merenda.
• Controlarán que despois de comer as mesas queden recollidas.
ENCARGADOS DE DUCHAS:
• Controlarán que todos os acampad@s se duchen e o fagan correctamente vixiando no que leven roupa para cambiarse e que ao saír o fagan sen areas. Os / as participantes que van a vela e táboa dúchanse no C.A.R.
ENCARGADOS DE TEMPO LIBRE:
• Controlaran aos rapaces e rapazas nos tempos que estos teñan libres.
• Prestarán o material que os participantes pidan e poidan utilizar, e controlarán que o devolvan mediante un listado.
VIXIANTES NOCTURNOS
• Durante e ao rematar a reunión de monitores dous monitores farán “a ronda” durante media hora - unha hora para controlar que todos os participantes están durmidos.
Nos tempos libres os monitores organizan campionatos de diferentes actividades deportivas como fútbol ou baloncesto. Ademais dun obradoiro de radio/DJ e a participación no blog:
http://campamentosinas.blogspot.com
Ao rematar a velada e cos participantes xa deitados e os monitores nocturnos controlando os pavillóns, o equipo de monitores xúntase para avaliar o día e concretar as actividades e responsabilidades do día seguinte.
Programación:
Día 1º :
O equipo de monitores chegou o día anterior, así que antes da chegada dos participantes xa tiñamos a cartelería feita e todo o preciso preparado.
Fíxose unha reunión de pais, na que se explicou o funcionamento do campamento. A incorporación desenrolouse sen problemas e rematou ó redor das 18:00 excepto polos nenos procedentes de Extremadura que chegaron máis tarde, tendo sido avisados previamente polos monitores acompañantes.
Faltaron tres nenas: Inés Abad Hermidas, Alba Cochón Rieveiro e Marta López Vázquez. Do grupo procedente de Extremadura faltou un neno: Tomás Muñoz Sánchez-Matas. Tíñamos información de que se incorporaría nos días seguintes pero os monitores acompañantes non tiñan esa información e non logramos contactar coa familia ata o día seguinte no que finalmente si que se incorporou.
Antes da cea realizamos a proba de natación que todos superaron. Despois explicamos o funcionamento do comedor e as normas.
Na velada, fixemos unha gymkhana de probas na que aproveitamos para reforzar as normas como as instalacións. Os participantes estiveron moi participativos, a pesar de que non se coñecían.
Día 2º :
Actividades de mañá:
En vela e táboa os participantes teñen o seu primeiro contacto con este deporte, polo que e reciben as primeiras nocións sobre todo teóricas pero tamén prácticas dos dous deportes. Amósanse moi participativos e interesados.
Na actividade de dorna os rapaces reciben primeiro unha explicación cultural e socioeconómica da importancia desta embarcación tradicional na ría de Arousa e posteriormente uns fundamentos teóricos e prácticos sobre o seu montaxe e funcionamento.
Na actividade de kaiak-polo impártese primeiro a teoría sobre a mesma e despois ensínaselle ós nenos cómo remar mediante xogos. Por último xogan un partido de kaiak-polo.
No obradoiro de Informática fíxose unha presentación sobre Internet e as novas tecnoloxías prestando atención ás redes sociais e a privacidade nelas. Déuselles tamén aos participantes un pouco de teoría sobre o tema e fíxose unha gymkhana baseada en buscas estrañas e especiais en Google e tamén se lles ensinou a crear un blog persoal
...