ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Que ocorre en Grecia actualmente e que leva ocorrido?


Enviado por   •  30 de Mayo de 2016  •  Documentos de Investigación  •  2.649 Palabras (11 Páginas)  •  190 Visitas

Página 1 de 11

PROXECTO DE ÉTICA

ACTUALIDADE GLOBAL

César Pascual Ramos
4º B


Que ocorre en Grecia actualmente e que leva ocorrido?

No 2001 Grecia adoptou o euro e converteuse no duodécimo membro da Eurozona. Isto deulle acceso a numerosos préstamos con intereses moi baixos. O goberno usou este diñeiro para mellorar o país a través de caros proxectos e reformas de maneira que puideran estar ó nivel do resto de países da UE. Entre estes proxectos e reformas inclúense varios gastos innecesarios como os xogos olímpicos de Atenas no 2004, que dobraron o presuposto orixinal. Grecia seguiu gastando mais do que recadaban e o déficit creceu rapidamente. Actualmente sábese que o goberno estivo presentando ós organismos europeos informes e estatísticas falsas durante anos. No 2007 declarouse unha crise financeira global e os bancos non se mostraron pola labor de seguir prestando diñeiro a Grecia, así que acudiu ós países veciños e ó Fondo Monetario Internacional. En total, entre o 2011 e o 2012, prestóuselle ó país un total de 240.000 millóns de euros en axudas. Grecia debía pagalos de volta e someterse ás medidas de austeridade, polas cales as taxas subiron e o salario mínimo dos traballadores baixou. Tamén houbo outras condicións como o despido de 150.000 funcionarios. A taxa de desempleo disparouse, houbo protestas e a economía grega empeorou inda mais. Hai un ano fíxose un referendo deixando elixir á cidadanía entre un si e un non. Debe aceptase a proposta da Unión Europea ou non? A proposta foi rexeitada e etiquetada de humillante polo goberno grego.

Actualmente Grecia recibiu unha terceira axuda pero as cousas non melloraron demasiado. Tamén existe a situación dos refuxiados Sirios, que conforman outro gasto máis para o goberno grego. O fluxo de refuxiados intentou pecharse, sen embargo seguen entrando ó país.

Respecto ao movemento que Varoufakis lanzou en Berlín, chamado Movemento pola Democracia en Europa 2025 (DiEM25 son as siglas en inglés), trátase da súa máis recente proposta e busca democratizar Europa para evitar a súa desintegración. Se levarán acabo unha serie de reunións en diferentes países europeos nas cales se tratarán temas de gran importancia para o mantemento de Europa que, segundo os fundadores do movemento, está en perigo de desaparecer.

Na miña opinión Grecia está nun estado irrecuperable, ou polo menos non teño os coñecementos suficientes para imaxinar unha solución razoable ó seu problema. Este foi orixinado por gastar máis do que podían recadar, cousa que xa facían anos antes de entrar ó euro. Se lles ofreceron varios modos de mellorar ó longo do tempo e nunca entraron en razón. É unha pena que os cidadáns que traballan e que vivían honradamente alí agora teñan que someterse a tanto sufrimento e pobreza debido a irresponsabilidade do goberno grego.


Que é a TTIP?

TTIP son as siglas en inglés de Transatlantic Trade and Investment Partnership. Ao galego ou castelán se traduce como Asociación Transatlántica de Comercio e Inversión. É un tratado de libre comercio entre Estados Unidos e Europa. Segundo anunciou o goberno, esta asociación xerará arredor de dous millóns de empleos, pero durante anos se mantivo en secreto, non se chegou a falar del nos medios ou nunca se lle informou á cidadanía sobre o tema. Os partidos políticos estiveron negociando sobre o TTIP pero ó cidadán nunca se lle pediu opinión nin foi informado ata que se filtraron algúns documentos a través de WikiLeaks.

Se o que se di do TTIP hoxe en día é certo, paréceme un grandísimo engano. Suponse que o TTIP facilitará as relacións entre as grandes multinacionais da U.E e os EE.UU pero o que os organismos oficiais non nos contan é que un dos apartados do tratado, o ISDS, permítelles a estas empresas impoñer as súas decisións por enriba do que digan os parlamentos dos distintos países. As escasas normativas que se aplican ó mercado estadounidense pasarían a implantarse na Unión Europea. Os produtos que aquí están prohibidos por non cumprir os regulamentos básicos de sanidade ou seguridade comezarían a entrar no noso mercado posto que nos Estados Unidos si está permitida a súa venta. Deixaría de haber garantías de xustiza. Xa leva habido casos como o do TTIP que resultaron ser un fracaso, como o tratado NAFTA entre México e Norte América. Un caso no que as multinacionais gañaron sobre o nulo poder do goberno a través dun acordo similar ao TTIP foi o de Australia. Este país ordenou implantar un aviso sobre os riscos do tabaco nos paquetes que se comercializaran no seu territorio. O goberno australiano foi denunciado por Philip Morris, unha das marcas, e provocou que Australia tivera que gastarse millóns en defenderse contra a empresa. É inconcibible que unha soa empresa poida ter tanto poder como para impoñerse ás normas internas dun país.

Algúns dos partidos políticos do noso país apoian fielmente o TTIP pero outros como Podemos só o aceptan se se revisan puntos como a cláusula ISDS.

Por sorte o tratado será probablemente remodelado con algúns cambios para que o dito non sexa posible e, en xeral, o tribunal da ISDS será máis transparente respecto ós cidadáns se o acordo chega a un fin.


O fundamentalismo

Como se observa na súa definición da Real Academia Española (non ten acepcións na RAG), o fundamentalismo se basea en seguir unha doutrina literalmente e tal como o é na súa base, nos fundamentos. Nos se interpreta contextualmente senón que se actúa como así o ordena dita doutrina. O fundamentalismo pode ser de varios tipos. Principalmente existen dous: o fundamentalismo político e o cultural. Dentro deste último atópanse os fundamentalismos relixiosos, en relación coas doutrinas das distintas relixións do mundo. O fundamentalismo naceu a principios do século XX nos EE.UU como unha reacción ó cambio das sociedades modernas, cuxos integrantes comezaron a responder por leis humanas máis que divinas, como era habitual ata o momento. Empezou no catolicismo, protagonizando correntes protestantes que protexían o regreso ó máis tradicional da relixión e ata o día de hoxe tense estendido á gran maioría das relixións existentes no globo e a moitos outros movementos culturais. O fundamentalismo político xurdiu como unha necesidade dos líderes de movementos fundamentalistas culturais para facerse ver nas sociedades e non deixarse obviar pola política do seu Estado. Ademais, posto que o Estado é o que leva a educación, é de interese para os fundamentalistas introducir as súas ideas neste ámbito. Por último cabe resaltar o tema do fudamentalismo islámico, que ata hai pouco era o principal tipo de fundamentalismo que se coñecía. Tamén pertence ó século XX e interpreta estritamente as leis do Corán, tanto no ámbito relixioso como no público. É sen dúbida o máis agresivo nos seus actos de tódolos fundamentalismos. A súa parte máis extremista deu froito a desastrosos sucesos como o 11-S en Nova-York ou o 11-M en Madrid, que é o maior atentado terrorista de Europa ata agora. Tamén existe o fundamentalismo hindú ou o xudío por expoñer algúns exemplos.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (19.8 Kb)   pdf (200.2 Kb)   docx (352 Kb)  
Leer 10 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com