ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Apuntes historia del barroco

Thelionking2Apuntes18 de Noviembre de 2017

659 Palabras (3 Páginas)300 Visitas

Página 1 de 3

Tema 11:A Europa do Barroco

  1. Crise e transformación da economía

 Introdución

No século XVII,Europa viviu unha época de crise económica,pero tamén de importantes transformacións.A crise afectou a países como España,Italia e Portugal,mentres Holanda e Inglaterra promoveron cambios económicos baseados na renovación da agricultura e do comercio marítimo.

1.1 O estancamento demográfico e agrícola

A poboación de Europa reflectiu un crecemento moir baixo debido á alta mortalidade pola Guerra dos Trinta Anos(1618-1648) e tamén dunha epidemia de peste bubónica.

A producción agrícola estancouse como consecuencia duns sistemas de cultivo moi rudimentarios.Este escaso crecemento agrario provocou a alza de prezos e períodos de fame,que fixeron máis terribles as epidemias.

En Holanda e Inglaterra iniciouse unha importante renovación da agricultura que conseguiu aumentar a producción,grazas á aplicación de novos sistemas de rotación de cultivos e de selección de sementes.Estas melloras sentaron as bases dun importante crecemento económico que se consolidaría coa Revolución Industrial do século XVIII.

1.2 A renovación do comercio

No século XVII consodáronse as rutas marítimas iniciadas no século anterior,pero as antigas potencias comerciais,como España,Portugal,Italia e Hansa(no Báltico) entraron en crise e o dominio do comercio mundial pasou aos Países Baixos e mais a Inglaterra.O Mediterráneo foi perdendo importancia,e medraron os portos atlánticos de Sevilla,Lisboa,Anveres,Amsterdam e Londres.

Para fomentar este comercio creáronse as compañías comercias,de iniciativa privada pero contaban co apoio do Estado.Holanda creou a Compañía Holandesa das Indias Orientais, e Inglaterra a Compañía Británica das Indias Orientais,na súa expansión.

1.3 A renovación das manofacturas

Algúns comerciantes crearon formas de aumentar a producción e abaratar o seu prezo.Xurdiron as primeiras manufacturas ,que reunían a varios traballadores nun mesmo local e percibían un salario,e a industria a domicilio,pola que os campesinos producían bens nas súas casa.O comerciante poñía a ferramenta e as materias primas e vendía a producción no mercado.

O desenvolvemento do comercio e de novas formas de producción implicou a proliferación de banqueiros e prestamistas para financiar as novas empresas.Deu orixe ao capitalismo comercial e ao ascenso da burguesía,que impulsaba os novos negocios.

[pic 1]


2.A Europa do absolutismo

2.1 O cambio de hexemonía en Europa

As paces de Westfalia e dos Pirineos ratificaron a fin da hexemonía do Imperio español en toda Europa e consolidaron o ascenso de novas potencias,como os Países Baixos e Suecia,pero sobre todo de Francia.

Tamén significou a proclamación da liberdade relixiosa para cada país.

Os países do Norte de Europa,Suíza e Inglaterra reafirmaron as súas igrexas luteranas,calvinistas ou anglicanas,mentres que nos países de Europa do Sur e mais Austria se mantiveron dieis á relixión católica.

Foi o fin da imposición do catolicismo como relixión do Imperio.

2.2 A monarquía absoluta

Nalgúns países europeos,encabezados por Francia,a monarquía autoritaria evolucionou cara á monarquía absoluta.O rei concentraba todos os seus poderes e constituía a encarnación mesma do Estado.

A monarquía,considerábase de orixe divina porque a autoridade do monarca proviña directamente de Deus.

El era a lei,a autoridade máxima dde goberno,a cabeza da xustiza e dirixía a política interior e exterior.

O seu poder non se sometía a ningún control e non compartía a soberanía con ninguén.O monarca estaba auxiliado por ministros,conselleiros e secretarios,e tamén por un gran número de funcionarios.

...

Descargar como (para miembros actualizados) txt (5 Kb) pdf (143 Kb) docx (16 Kb)
Leer 2 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com