ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Decalogo do bo conxuge


Enviado por   •  19 de Septiembre de 2015  •  Síntesis  •  336 Palabras (2 Páginas)  •  332 Visitas

Página 1 de 2

Decálogo do bo marido:

  1. Se esquece-lo aniversario da muller, vai buscando unha boa escusa. Se se trata do aniversario de vodas, fuxe do país.
  2. Arranxa os electrodomésticos sen preocuparte por que se avariaron.
  3. Aprende a cociñar tres comidas diferentes.
  4. Se fiel. Non importa en que lugar che entre a fame, o importante é que sempre comas na casa.
  5. Permítelle conducir de vez en cando o coche novo.
  6. Se ela sufre un accidente de tráfico pregúntalle se está ben antes de interesarte polo que lle pasou ó vehículo.
  7. Antes de falar e actuar pregúntate: queres ser feliz ou queres ter razón?
  8. Non fagas gastos económicos elevados sen falar antes con ela; pero non a reprendas ou discutas coa muller se ela decide comprar algo caro.
  9. Lembra que ela casou contigo, polo tanto non pidas que sexa razoable.
  10. Non menciones nada sobre o seu aumento de peso e verás que ela non dirá nada sobre túa incipiente alopecia.

Recorda que ti es o home da casa, a persoa que manda pero non te esquezas de preguntarlle cada mañá: María, e hoxe que queres que mande?


Decálogo da boa esposa:

  1. Unha boa esposa sabe cal é o seu lugar.
  2. Non despilfarres. Ós homes non lle gusta que os cartos que gañan se tiren en pequenas tonterías.
  3. Ten a casa limpa. Unha casa limpa refresca o espíritu dun home casado.
  4. Non te abandones. Unha muller de apariencia descoidada logo se queixará dun marido desatento.
  5. Non permitas as atencións doutros homes. Os maridos son normalmente ciumentos e iso da lugar a sospeitas inmotivadas.
  6. Non pases demasiado tempo con túa nai. Recorda que para el é a súa sogra.
  7. Non aceptes o consello do teu veciño, nin da túa veciña, ni dos teus parentes sobre asuntos do fogar. Pensa en ti e consulta o teu marido.
  8. Non desprecies ó teu home. Aléntao.
  9. Non te poñas fea. Sorrí.
  10. Non esquezas as cousas importantes das mulleres. Ten tacto. Sé feminina. Ós homes hai que atraelos con dozura, como ós gatos; non a paos, coma os cans.

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (2 Kb)   pdf (30.8 Kb)   docx (11.3 Kb)  
Leer 1 página más »
Disponible sólo en Clubensayos.com