ClubEnsayos.com - Ensayos de Calidad, Tareas y Monografias
Buscar

Composición Primo de Rivera


Enviado por   •  17 de Abril de 2022  •  Apuntes  •  1.541 Palabras (7 Páginas)  •  51 Visitas

Página 1 de 7

O 13 de setembro de 1923, Miguel Primo de Rivera (capitán xeneral de Cataluña) deu un golpe de Estado en Barcelona, co apoio de políticos e militares. Isto pódese ler no documento 1, no manifesto do xeneral Primo de Rivera, onde o xeneral expresa as súas inquietudes na política da época.

Varias razóns foron as que o levaron a dar o golpe de Estado, como por exemplo os fracasos militares en Marrocos, os ataques ao rei como responsable do desastre de Annual, a inestabilidade política, a debilidade e a incapacidade dos gobernos para controlar a situación política da nación...

Ao día seguinte , Afonso XIII aceptou oficialmente o golpe e o goberno de Primo de Rivera. A imposición dun Estado ditatorial en España estivo relacionado co contexto social, económico e político de Europa así como cas crises dos sistemas liberais e das democracias. O golpe era presentado como unha medida excepcional e transitoria para solucionar os problemas do Estado (idea tamén nomeada como “cirurxián de ferro”). Gran parte das forzas políticas conservadoras, a alta burguesía, parte das clases medias e pequenos e medianos propietarios agrarios apoiaron o golpe de Estado. Asímesmo, a UXT e o PSOE mantiveron unha posición neutra co réxime ata o ano 1925. A UXT chegou a colaborar co réxime na elaboración dunha nova lexislación laboral. Primo de Rivera xustificou a súa actuación co obxectivo de lograr a rexeneración da vida española e para solucionar os seus problemas. O seu pensamento político mesturaba unha base ideolóxica católica e unha mentalidade e formación de tipo militar (que categorizaba como disciplinaria)

A Ditadura de Primo de Rivera divídese en dous perío: o Directorio Militar (1923-1925), cun goberno exclusivamente composto por altos mandos do Exército; e o Directorio Civil (1925-1930), cun goberno composto maioritariamente por persoas civís coa presenza dalgún militar.

O Directorio Militar estaba formado exclusivamente por militares que gobernaron mediante decretos, xa que as cortes non funcionaban.

Para rexenerar a vida política adoptáronse varias medidas como son a suspensión da Constitución de 1876, a creación dos delegados gobernativos que servían para controlar e supervisar a administración territorial, a destitución das autoridades vixentes, que pasaron aos gobernadores militares. Os alcaldes e concelleiros foron substituídos por afiliados á Unión Patriótica. Os partidos políticos non foron, en xeral, prohibidos, pero perderon a súa capacidade de influencia na vida pública; ...

O Directorio Militar actuou controlando e reprimindo ao movemento obreiro decretando o Estado de Guerra ata 1925, restrinxindo as liberdades públicas, as reunións e ás organizacións obreiras vinculadas ao Partido Comunista e á CNT.

A ditadura actuou en contra de todo o que fose en contra da unidade de España. Desenvolvéronse campañas de apoio á unidade da patria e dos símbolos nacionais de España, e de represión dos nacionalistas cataláns, vascos e galegos (así como os símbolos nacionalistas, e as súas institucións e dirixentes)

A presión dos militares cara o xeneral Primo de Rivera obrigouno a continuar en Marrocos ata conseguir o dominio completo (inicialmente Primo de Rivera estivo a favor de abandonar o territorio). A estratexia española, co apoio de Francia, consistiu en realizar unha ofensiva na zona de Alhucemas. A fin da Guerra de Marrocos foi un dos principais éxitos da ditadura. Isto proporcionoulle prestixio e popularidade ao Exército e ao ditador entre o conxunto da poboación (especialmente nas elites económicas vinculadas a investimentos no Norte de Marrocos).

En decembro de 1925, tralo éxito en Marrocos e restablecida a orde no país, Primo de Rivera, para continuar no poder, decidiu constituír un Directorio maioritariamente formado por civís, vinculados á Unión Patriótica. Así xorde o Directorio Civil, o cal contou co apoio do monarca. No documento 2 obsérvase claramente a proposta de Primo de Rivera e Alfonso XIII para substituír o Directorio Militar polo civil. Este Directorio foi un intento do réxime por volver “á normalidade” política e social, intentando cumprir as promesas iniciais de Primo de Rivera.

Primo de Rivera, influído polo fascismo italiano, pretendeu a instauración dun réxime

político corporativo. A característica básica do sistema foi a Asemblea Nacional e o proxecto de nova constitución.

A Asemblea Nacional constituíuse en 1927 coa función de elaborar e presentar proxectos de lei ao goberno. Estaba formada por representantes das corporacións do Estado (concelleiros, deputacións), e por representantes da Unión Patriótica elixidos por un sufraxio moi restrinxido; por tanto, representaban ás oligarquías conservadoras tradicionais.

En 1929 presentouse o proxecto de nova constitución elaborado pola Asemblea Nacional. Este proxecto establecía unha organización territorial unitaria, centralizada e autoritaria. Sen soberanía nacional, nin división de poderes. Unha asemblea única de composición tripartita e desigual (a metade dos deputados elixidos por sufraxio universal masculino, outros designados polo rei e outros designados por ser representantes corporativos do Estado). Este proxecto tivo fortes críticas e poucos apoios políticos

...

Descargar como (para miembros actualizados)  txt (10.5 Kb)   pdf (48.4 Kb)   docx (11.6 Kb)  
Leer 6 páginas más »
Disponible sólo en Clubensayos.com