Motín Del té
andreagofe2 de Enero de 2013
555 Palabras (3 Páginas)402 Visitas
O MOTÍN DO TÉ
Tras uns tranquilos anos 1770-1773 nos que parecía que as colonias volveran aceptar o dominio de Londres sen problemas, provocando o desespero dos americanos máis radicais que vían esvárese os seus proxectos de independencia, unha decisión do Goberno británico continuou o conflito e deu argumentos aos partidarios da ruptura: a Tea Act (10 de maio de 1773). A Compañía da India Orientais,acuciada por problemas de liquidez, solicitou e obtivo do Goberno británico o monopolio da venda de té nas colonias de América e os seus axentes desprazaron os comerciantes autónomos. Para o espírito dos colonos, a decisión de Londres era inaceptable e contra esa Lei do té actuaron de diferentes maneiras, sobre todo boicoteando o produto inglés. Pero o radical Samuel Adams preparou, para o día 16 de decembro de 1773, o famoso "incidente do té de Boston"; disfrazados de indios, varios patriotas botaron ao mar o cargamento de tres barcos da compañía: 343 caixas valoradas en 10.000 libras. E conseguiu o seu obxectivo último: provocar unha violenta reacción británica. O rei, o Goberno de lord North e o Parlamento estaban agora de acordo en que o reto debía aceptarse e entre maio e xuño de 1774 se promulgan as Coercive Acts - coñecidas entre os americanos como Leis intolerables- que pechaban o porto de Boston ata que se pagase o destruído polos Fillos da Liberdade (nome que empezaron a darse dende 1765 moitos colonos radicais, organizados por Samuel Adams, e que fixeron seu un apelativo que lles dedicara o parlamentario Isaac Barre na Cámara dos Comúns).
Tamén se cambiaban as autoridades locais de Massachusetts, entre outras o gobernador real, cargo para o que foi nomeado o duro xeneral Thomas Gage, que pasou de Nova York a Boston ordenando que se concentrasen nos arredores desta cidade cinco rexementos e varios navíos da flota real británica. Practicamente militarizábase Massachusetts, e autorizábase o exército a ocupar e requisar, se era necesario, casas particulares deshabitadas. Estas medidas por si soas terían provocado tensións. Pero, ademais, moi pouco despois se aprobou en Londres a Lei de Quebec (22 de xuño de 1774), que permitía a expansión cara ao Sur dos colonos "canadenses", cortando o paso á penetración dos colonos "norteamericanos" máis alá dos Apalaches. O Goberno da súa maxestade británica quería congraciar se mesmo con medidas favorecedoras para os católicos- cos seus novos súbditos de orixe francesa, pero non calculou a ofensa inferida aos habitantes das trece colonias. Estes crían que non só se castigaba á de Massachusetts, senón ás doce restantes. Á parte de que, a estas alturas, o que sucedera aos bostonianos era xa sentido como algo propio por todos os colonos dende Virxinia ou Xeorxia ata Connecticut ou Nova York; "Dende agora, é preciso que todos nos sintamos americanos", como dixo un representante de Carolina del Sur. Esta actitude cobra máis valor se se ten en conta que, ata ese momento, as demais colonias non tiveran un afecto especial cara aos veciños de Nova Inglaterra e menos aínda aos estirados habitantes de Massachusetts. Agora, en cambio, enviaron diñeiro e víveres para axudar aos castigados irmáns, á vez que meditaban sobre as súas relacións con Inglaterra.
Iniciárase o camiño cara á independencia.
...